Despois da grata resposta recibida pola xuventude ribadense, a plataforma creativa Sonda Norte xa foi máis aló dunha idea e conta agora cunha identidade visual e moitos proxectos a desenvolver. Co motivo de dar a coñecer esta mesma identidade e a programación que se levará a cabo nos próximos meses, mañá sábado, día 4 de febreiro, terá lugar unha presentación á que acudirán diferentes membros do colectivo. O encontro será ás 12 da mañá na Casa da Xuventude, e estará amenizado pola formación musical Zora Gabbara, composta polos ribadenses Miguel Fernández e Héctor Peña
Os Sendeiros de Foz vamos facer o domingo 12 de febrero a ruta "Os Muiños" na localidade de Taramundi Asturias, un dos concellos onde se fala o Eonaviego (Galego-Asturiano), pioneiro do turismo rural en España. a ruta e de dificultade Media/Alta e de unha gran beleza. A saída : 8,30h. dende concello de Foz
Prezo: 22 € socios - 27 € no socios - nenos socios gratis viaxe e xantar incluido os interesados a participar chamar a os tfnos 686265154 - 605885009 ó mail ossendeiros@yahoo.es ata vérnes 10.
Javier Acebras fixo máis hibrido aínda o seu Toyota Prius e incorporoulle GLP (Gas Licuado de Petróleo) para aforrar gasolina, que vai en aumento cara ao euro cincuenta. O depósito de combustible vai axustado en lugar da roda de reposto debaixo do maleteiro e conta cunha capacidade de 57 litros co que pode percorrer uns 750 Km. Agora o Prius funciona en eléctrico e a gas a maior parte do tempo. O taxi converteuse no único da comunidade galega que utiliza as tres enerxías para impulsar o motor. O prezo da instalación supuxo un total de 2000 €, que Acebrás prevé desquitar nun ano xa que o gas atópase nestes momentos a 0,80 € o litro, e o consumo só aumenta un 0.03% respecto da gasolina.
Ovenres 3, os alumnos/as de Hostelería do IES de Foz disfrutarán dunha charla de nutrición chamada "Aprender a comer" impartida por D. Jesús Bernardo García, licenciado en Medicina pola Universidade de Compostela e con estudios posteriores en nutrición nas universidades de Reims e Toulousse. É autor do libro "Tu alimentación es tu medicación" e de numerosos traballos en prensa e revistas especializadas.
A asociación de sendeirismo "Paso Miúdo" fará o vindeiro día 12 de febreiro a: Ruta dos Muíños en Bres (Taramundi). A saída será dende a casa da cultura de Ferreira as 8:00 da mañá. Os prezos para esta ruta son: 20€ para socios e 25€ para non socios, estes prezos inclúen comida e autobús. Todas aquelas persoas que desexen participar deste evento deberán apuntarse ata o día 9 de febreiro nos teléfonos 982574741 / 982575127 ou en pasomiudo@gmail.com
Amigos das Viaxes de Foz continúa reservando prazas para ir a Sobrado dos Monxes e San Paio Narla
Amigos das Viaxes de Foz completou un bus para a viaxe que organizamos para o día 11/02/2012 a Sobrado dos Monxes e San Paio Narla. En estes momentos estamos anotando en reserva, coa intención de poñer Outro bus máis. o prezo da viaxe é de 25 e, con comida e viaxe.
© 2012 | Crónica3 A Mariña 2008 - 2012 | RSS | Contacto | Información legal










