Ribadeo pide aos veciños que se esforcen na recollida selectiva de lixo
06-10-08RIBADEO .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, insiste na necesidade de esforzarse na recollida selectiva en Ribadeo. Cupeiro conta que “hai uns dÃas recibimos o informe de Ecoembes que é a S.A sin ánimo de lucro que se encarga de controlar e xestionar a recollida dos embases lixeiros, no que nos comunica que en Ribadeo se está mellorando no tocante a recollida selectiva. Ecoembes cada pouco tempo manda a uns inspectores que controlan todo canto se deposita nos contedores amarelos e logo comunÃcanos o resultado. Concretamente no mes de Abril estivemos por debaixo do 30% de impropios, exactamente o 26,71%”. O edil nacionalista lembra que “cando estamos por encima desa porcentaxe débese concretamente a catro tipos de residuos que se depositan no contedor amarelo e que non deberÃa ser asÃ, como son: materia orgánica, vidro, cartón e film comercial. O ano pasado xa se enviou a tódalas casas a información de como facelo e este ano tamén o imos a indicar, porque si superemos o 30% de indebidos o Concello será sancionado. Por todo o anterior, desde o Concello solicitamos a colaboración dos veciños á hora de seleccionar o lixo, xa que desta maneira contribuÃmos a que os residuos poidan ser logo transformados noutros produtos”.
Enseres na vÃa pública
Horacio Cupeiro tamén pide colaboración á hora de deixar enseres na rúa “quero que sexamos todos conscientes do problema que se crea ao Concello que se depositen enseres na vÃa pública sin comunicalo nos dÃas indicados para a recollida que son os últimos martes de cada mes para o (madeiras mobles e colchóns) e os primeiros martes para os obxectos metálicos (neveiras e lavadoras) entre as 9 e 11 da mañá dese mesmo dÃa. Esta mala costume obrÃganos a recorrer as rúas todos os dÃas para controlar eses depósitos. O telefono do Concello é o 982.128.650″.
Cartón
O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo pÃdelles “aos establecementos que depositan o cartón fora dos contedores ou que o depositan sen pregar e sen atar os dÃas de recollida porta a porta, que fagan estas entregas de acordo co bando da AlcaldÃa, porque estamos xogando coa imaxe de Ribadeo, e a imaxe da nosa vila e a nosa propia imaxe. Nós desde o Concello non debemos converter a vila nun estado policial, por máis que a vÃa sancionadora sexa a única que entenden algúns. Todos sabemos cando cumprimos có deber de cidadán. De todas formas de persistir a actitude dalgúns de non colaborar para conseguir un Ribadeo máis limpo, máis ordenado e máis humanizado, verémonos na obriga de sancionar a estes establecementos, que xa foron requiridos polo Concello”. Cupeiro recoñece que “a maiorÃa cumpre, pero aÃnda quedan uns poucos que seguen depositando o vidro no contedor de orgánico. Quero recordar, que o teléfono do punto limpo é o 619 55 18 95 que está aberto de 9 a 13 e de 14:30 a 18:30 de luns a venres e de 9 a 13 os sábados”.
Pilas e baterÃas
Horacio Cupeiro tamén lles comunica

