15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

II Xornadas da historia de Riotorto

01-01-09

RIOTORTO .- Durante a próxima fin de semana vaise celebrar no concello de Riotorto as II Xornadas da Historia de Riotorto. O lugar de celebración será o salón de actos do centro sociocultural e comezarán ás sete da tarde. Tratarán aspectos relacionados co patrimonio, antropoloxía e etnoloxía enmarcada no concello e na zona interior da Mariña.

PROGRAMA DE ACTOS
II xornadas da historia de Riotorto.
3 e 4 de xaneiro de 2009
no salón de actos do centro sociocultural ás sete da tarde
Sábado día 3
•Presentación do libro recompilatorio coas ponencias das I xornadas da
historia de Riotorto.
Antonio Veiga Outeiro responsable da área de cultura da deputación de
Lugo
Pedro Castañal Fernández presidente da Asociación Cultural Arrincadeira

•O nome das fontes , dos camiños, dos prados, dos montes, das terras,etc.
a súa importancia e conservación como patrimonio da nosa cultura.

Antonio Vidueiro Rodríguez: licenciado en filoloxía galega e autor da
recollida de datos no concello de Riotorto para o proxecto toponimia de
Galiza.

Óscar Castro Castedo: coordinador dos traballos de campo para o Proxecto
Toponimia de Galiza.

Domingo día 4
•Arquitectura popular do concello de Riotorto
Carlos Xesús Varela Aenlle: Etnógrafo e membro da Real Academia Galega.

•Mesa redonda: propostas para a conservación e posta en valor do noso
patrimonio etnográfico.

Modera: Asociación cultural Arrincadeira
Interveñen: Francisco Luis Guerreiro (presidente da asociacion A Mariña
patrimonio)
Miguel Abraira (Historiador e gañador do Ferro Couselo 2002)
Representante do concello de Riotorto

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive