08 de Febreiro de 2012

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O colexio San Cibrao-Cervo, antes Galdín, contará con servizo de transporte e comedor

08-09-09

CERVO .- O Concello de Cervo difunde unha nota informativa da dirección do CEIP Cervo nº1 de San Cibrao-Cervo (antigo Galdín) dirixida a comunidade escolar. A dirección do centro indica “que vai posibilitar a nais e pais, que así o desexen, a escolarización do alumnado de infantil e primaria procedente dos centros Galdín e Mestre Rivera Casas, agora suprimidos” e informa que o curso comezará o vindeiro xoves día 10  e que o centro vai contar con transporte escolar de balde e que disporá de servizo de comedor xestionado pola asociación de nais e pais do centro.

Nota de Prensa

NOTA INFORMATIVA A COMUNIDADE ESCOLAR DE SAN CIBRAO

Como directora do Colexio CEIP. CERVO nº1 de San Cibrao-Cervo que vai posibilitar as/os nai/pais, que así o desexen, a escolarización do alumnado de infantil e primaria procedente dos centros Ceip. Galdín e Mestre Rivera Casas (agora suprimidos) desexo informalos dos seguintes puntos:

1. O curso 2009 -2010 comezará o vindeiro xoves día 10 , e as clases desenvolveranse no próximo curso nos locais do antigo Ceip Galdín co seguinte horario:

o Nos meses de setembro a xuño, xornada continuada: de 9,30 a 14,30 h.
o Nos meses de outubro a maio, xornada partida: de 9,30 h. a 13,00 h. (pola mañán) e de 15,10 a 16,40 h. (pola tarde).

2. O Ceip.de Cervo nº 1 vai contar con transporte escolar, de balde, xestionado pola Consellería. (En carta aparte, que achegará ao seus domicilios, infórmase detalladamente dos horarios e paradas dos autobuses ). O transporte será realizado polas empresas ARRIBA e ÚBEDA .

3. O novo centro contará  con servizo de comedor xestionado pola Asociación de nais e pais do centro. Como no caso do transporte, a  información máis detallada  na carta que recibirán nos seus domicilios.

Para calquera aclaración ou dúbida, pódense por en contacto co Centro no teléfono 982.594.406 en horario escolar.

Bitacoras Facebook Twitter Tuenti Meneame Chuza del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon