13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O goberno de Burela leva ao pleno unha moción de apoio ao Hospital da Costa

23-09-09

BURELA (FNC). O goberno de Burela levará ó pleno de mañá unha moción de apoio ó hospital da Costa. O alcalde, Alfredo Llano, amosa o seu desacordo total á inclusión deste centro nun área sanitaria única na provincia de Lugo. Llano considera que “estaría moito mellor que contásemos cun área sanitaria na Mariña que tivese como referencia. Hai que ter en conta que o noso hospital ten carácter xeral e atende a unha poboación de uns 80.00 habitantes aquí na Mariña, ten unhas particularidades e unhas ventaxas clarísimas avaladas polos 23 anos que leva funcionando e ten unha connotación sanitaria e social moi importante”.

O rexedor de Burela tacha de “mala idea a integración deste hospital nun área sanitaria común na provincia de Lugo, porque traería unha serie de desvantaxes clarísimas para o centro. Por exemplo habería un só presuposto e eso querería dicir que o hospital da Costa tería un presuposto derivado que baixaría seguro, e unha carteira de servizos que se iría reducindo e basicamente acabaríamos sendo un ambulatorio ou unha sucursal do hospital de Lugo e eso é o que non queremos. Non o queren os profesionais, nin os usuarios… ninguén quere que ocorra eso”.

Alfredo Llano avoga por “defender o hospital da Costa coma un hospital xeral. Hai que pensar que temos moita veteranía na zona que é moi importante para dar un bó servizo á poboación. Consideramos que o hospital debe ser autónomo en todos os aspectos”. O alcalde lembra que A Mariña está a unha hora como mínimo de Lugo e que “si un enfermo ten que desprazarse á capital da provincia debe perder máis dunha hora no camiño. A Mariña é un área de grande dinamismo, pero tamén ten unha dispersión moi importante e nalgúns casos malas comunicacións”. Llano aposta por “mellorar a interconexión entre a atención primaria e a hospitalaria e así evitaríanse traslados innecesarios”.

O alcalde burelés insiste na necesidade de crear “un área sanitaria propia na comarca da Mariña e despegarse de forma definitiva do que é un área sanitaria provincial con epicentro en Lugo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive