Un helicóptero de A Coruña rescatou en Burela a unha persoa que caeu por un acantilado tres horas antes
28-09-09Unha persoa accidentouse en Burela o domingo ao caer por un acantilado duns dez metros de altura. Foi rescatada e trasladada ao hospital da Costa despois de tres horas de espera. A demora debeuse a que o helicóptero con base en Celeiro non estaba e desprazouse un desde A Coruña.
Fonte e imaxes:TvG-agalega.info



















