20 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O concello de Cervo abrirá en San Cibrao un local destinado á xuventude

18-11-09

CERVO .- A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Cervo, Pilar Armada, anunciou hoxe que o Concello abrirá o vindeiro venres, día 20, un local no edificio da Casa do Mar de San Ciprián destinado aos mozos do municipio.

As novas instalacións ubicaranse na planta baixa da Casa do Mar, no lugar que ocupaba a antiga biblioteca municipal, e a súa apertura oficial terá lugar ás cinco do serán, Segundo indicou Armada, o local estará dotado de diverso mobiliario; así coma xogos de mesa e recreativos coma un futbolín, una mesa de billar e outra de ping-pong.

A responsable da área de Asuntos Sociais sinalou que as concellerías de Educación, Asuntos Sociais e Cultura e Xuventude de Cervo están a traballar conxuntamente para ampliar a oferta lúdico-formativa desta nova infraestrutura municipal.

Neste senso lembrou que a consecución deste novo espacio xuvenil levaba sendo dende hai tempo unha prioridade do Grupo de Goberno e tamén da propia mocidade cervense. “Hai máis dun ano que nos reunimos cos rapaces do concello para falar deste tema e daquela xa nos amosaron a súa inquedanza de poder contar cun local na Casa do Mar de San Ciprián para desenvolver as súas actividades” lembrou Armada, quen tamén recordou que nesa data (outubro do 2008) o Concello dirixírase por escrito á Vicepresidencia da Xunta solicitándolle a cesión destes locais, “pero sempre nos atopamos coas reticencias da que era daquela delegada provincial, que nos esixía como condición para a cesión que o Concello se adherira ao Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar. Sen embargo, os actuais responsables da Consellería de Presidencia non nos puxeron ningún tipo de condicionante nin chantaxe para levar adiante esta cesión ” asegurou.

ESPAZOS PARA A XUVENTUDE

O Goberno municipal está a desenvolver un gran esforzo na habilitación de espazos especialmente destinados para os mozos e mozas do municipio. Neste senso cabe lembrar que cedeu o local coñecido como o Caseto do Veterinario (no núcleo de Cervo), promoveu a través do programa “ao teu carón” a apertura dos centros sociais nas parroquias do rural con acceso gratuíto á rede internet, e habilitou un espazo para o ensaio de grupos musicais nas instalacións do club de Rio Cobo, tras a demanda efectuada por un grupo de rapaces. “Agora chegou o turno de completar estas instalacións en San Ciprián, as cales sumaranse as da Casa de la Cultura, que ten un un destino fundamentalmente educativo” lembrou a responsable de Asuntos Sociais cervense

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive