11 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Foi necesario un cambio de goberno na Xunta” para reformar “a rampla de acceso do Hospital da Costa”, di o PP

04-12-09

NOTA DE PRENSA
Así  o explicou o deputado Jose Manuel Balseiro Orol, quen salientou que os novos responsables da Consellería de Sanidade dan solución a unha problemática denunciada en múltiples ocasións desde as filas populares

O PP AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN DESPOIS DE COÑECERSE QUE A REFORMA DA RAMPLA DE ACCESO DO  HOSPITAL DA COSTA INCLUIRÁ A CONSTRUCIÓN DUNHA SALA DE ESPERA PARA OS USUARIOS  DA RESONANCIA MAGNÉTICA

* Foi necesario un cambio de Goberno na Xunta para facer algo tan sinxelo como buscar unha solución á problemática detectada

* PSOE, BNG e Xunta bipartita sempre defenderon a continuidade dunha sala de espera prefabricada, instalada nun aparcadoiro contiguo ao centro hospitalario.

* O proxecto de reforma da rampla tamén contempla a ampliación da zona  de farmacia e de arquivo do hospital, así como a mellora da  solidez e impermeabilización destes espazos.

A Mariña lucense, 04 de decembro de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol, amosou a súa satisfacción despois  de coñecerse que a reforma da rampla de acceso do Hospital da Costa –obra  que ten previsto executar a Consellería de Sanidade neste centro mariñán– incluirá a construción dunha sala de espera para que poidan facer uso dela os familiares e pacientes que precisen ser examinados coa resonancia magnética.

PROBLEMÁTICA DENUNCIADA EN MÚLTIPLES OCASIÓNS

Deste xeito os novos responsables da Administración autonómica dan solución a unha problemática denunciada en múltiples ocasións desde as filas populares. Foi o propio deputado Jose Manuel Balseiro quen, puxo de relevo as deficiencias de accesibilidade dos usuarios do Hospital da Costa ao servizo de resonancia itinerante . En ningunha das ocasións nas que Jose Manuel Balseiro trasladou este asunto ao Parlamento de Galicia  logrou o apoio dos grupos nacionalista e socialista que entendían improcedente dar solución a estas deficiencias. Tampouco a Xunta bipartita fixo nada para evitar que continuasen os problemas no traslado dos doentes, pois sempre defendeu a continuidade dunha sala de espera prefabricada, instalada nun aparcadoiro contiguo ao centro hospitalario.

FOI NECESARIO UN CAMBIO DE GOBERNO NA XUNTA

O deputado Balseiro Orol quixo amosar a súa satisfacción pola decisión da Consellería de Sanidade de mellorar este servizo e corrixir estas deficiencias. Subliñou tamén que foi necesario un cambio de Goberno na Xunta para facer algo tan sinxelo como buscar unha solución á problemática detectada e adianta que esta  será a primeira de moitas actuacións chamadas a corrixir as deficiencias que o anterior Executivo autonómico permitía e que evidenciaban o desprezo e desatención na que a Xunta bipartita mantiña ao sistema sanitario público da nosa comarca.

OUTRAS MELLORAS

O proxecto de reforma da rampla tamén contempla a ampliación da zona  de farmacia e de arquivo do hospital, así como a mellora da  solidez e impermeabilización destes espazos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive