Programa de Nadal na web do Concello de Cervo
19-12-09A web corporativa municipal do Concello de Cervo inclúe un programa coas actividades lúdico deportivas e culturais organizadas polos distintos departamentos do Concello para o Nadal.
A web corporativa municipal do Concello de Cervo inclúe un programa coas actividades lúdico deportivas e culturais organizadas polos distintos departamentos do Concello para o Nadal.
Veciños de Foz na súa viaxe por terras de Andalucía visitaron Córdoba, seguen a súa viaxe cara Granada, para domingo coller camiño de regreso a Foz, pero antes con parada en Aranjuez, para ver o Palacio Real.
O Concello de Xove fixo a despedida das dúas nenas saharauís que pasaron os meses de verán con familias de Xove. Como remate desta estancia, o Alcalde D. Demetrio Salgueiro, entregoulles un lote de material escolar a cada nena.
O vindeiro sábado 4 de setembro, inaugurarase no CENIMA de Foz, a partir das 7 da tarde, a exposición "OLGAS" de Alberto Pena Rey. A mostra está composta por unha serie de pinturas ó óleo sobre lenzos de gran formato, creadas a partir de impresións dixitais de olgas, tomadas na Mariña durante o pasado inverno. A sala do CENIMA elixida para expoñer esta mostra, está separada visualmente do mar por un vidro, circunstancia que permite á obra entrar en confluencia directa co exterior, coa subida e a baixada das mareas. A exposición poderase visitar ata o 18 de setembro.
O sábado 4 de setembro á 1:00 da madrugada no pub Zednem elección da raiña e do mister das festas O Valadouro 2010. Mércores 8: ás 13:00 horas misa e sesión vermú e pola noite verbena coa orquestra Pontevedra. Xoves 9: ás 12:00 horas misa e sesión vermú, pola noite tocará a orquestra Abanico. Venres 10: sesión vermú e á noite verbena con Abanico e unha discoteca movil. Sábado 11: Pasarrúas do O Xistral de Alfoz- O Valadouro, sesión Vermú e festa rachada con sintonía de Vigo e Alma Latina. Domingo 12: Sesión vermú coa orquestra Alma Latina.
© 2010 | Powered by cronica3 a mariña | ( RSS ) | Contacto | Información