Rosa dos mares xenófobos
26-02-10
Rosa DÃez tennos acostumados ás súas saÃdas de ton, ben calculadas na procura dun efecto mediático e electoral, respecto da nosa identidade como pobo. Tamén os veciños asturianos teñen padecido as súas gadoupas verbais tinxidas de pensamento autoritario e fascista. Proclamar aos catro ventos que o galego só serve para falarlle ás vacas, ou vir dicir a Llanes que a lingua oficial do Principau de Asturies é o castelán e que o demais só son o “dialectos o formas de hablar” (quen sabe se só válidos para os que usan madreñas), son varios dos abondosos exemplos desta actitude despectiva cara as linguas minorizadas.
E de novo volveu chover sobre mollado. Xa se referira ao señor Feijoo como “muy gallego” (por suposto que en sentido negativo), e agora volve a insistir no uso ofensivo do noso xentilicio en alusión aos señores Zapatero e Rajoy (mira ti por onde, dous paxaros dun tiro). O presidente do goberno español é galego no sentido pexorativo do termo (?); Rajoy, tan só é galego. O cariz xenófobo e racista do vocabulario empregado por Rosa DÃez cualifÃcase por si só. Disimular agora dicindo que só o afirmaba en sentido coloquial é ridÃculo.
Cando hai tempo houbo distintos colectivos (polÃticos, sociais e culturais) que solicitaron que se retirara a acepción de “gallego”como sinónimo de parvo ou tatexo houbo quen considerou que non viña a conto, que habÃa problemas máis importantes que resolver. De tales actitudes recollemos agora estes froitos. Cando non nos facemos valer por nós mesmos, hai quen aproveita para usarnos interesadamente denigrándonos publicamente só porque cre que lle é rendÃbel electoralmente. Vaia por diante que non creo que toda España pense asÃ. Pero o resaibo de nacionalismo español que de novo rolda pola escena polÃtica fai aflorar estes vellos prexuÃzos.
Hai algo que esperta a miña curiosidade. Sendo como é esta muller a lÃder de UPyD, que pensarán os seus representantes polÃticos en Galiza? Serán tamén “muy gallegos” no sentido que lle dá Rosa DÃez? Como imos poder pensar que estas persoas van ser quen de defender o noso se ante afirmacións deste tipo calan e outorgan? Mexan por eles e din que chove? Non quero nin imaxinar a imaxe de Rosa DÃez pedindo o voto nunhas eleccións á beira da dos candidatos e candidatas de UPyD.

