BURELA (FNC) .- A familia de Clotilde Pastor López é a gañadora da terceira campaña Ti podes dar vida, aforra auga posta en marcha polo Concello para promover un uso racional da auga. O xurado reuníuse esta mañá no Concello de Burela.
A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, lembrou que “en marzo de 2009 o Concello de Burela puxo en marcha a III edición do programa de acción Ti podes dar vida, aforra auga, co obxecto de promover unha cultura cidadá do uso racional da auga. Segundo as bases que rexen o programa de acción, a Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela en colaboración con Viaxes Terramar comprometéronse a recompensar cunha estancia dunha fin de semana no Parque Natural dos Picos de Europa a aquela unidade familiar que realizase un maior esforzo en xestionar axeitadamente a demanda de auga no seu fogar”.
No día de hoxe reuniuse o xurado, do que forman parte, a técnico de Medio Ambiente, o alcalde, a concelleira de Medio Ambiente, un representante da Asociación de Veciños O Vencello, un representante de Viaxes Terramar e a secretaria do Concello de Burela. A edil socialista explicou que “unha vez revisada a documentación en poder da Oficina de Medio Ambiente do Concello de Burela, constátase que podían optar ao premio o 36% das unidades familiares inscritas. Tamén se conclúe que o 24,24% das familias participantes conqueriron unha redución no consumo de auga no fogar. A familia que logrou unha maior diminución no consumo de auga foi a de Clotilde Pastor López, que reduciu o consumo de auga no 2009 nun 21 % con respecto ao ano 2008”.
O informe de Medio Ambiente recolle que o 12,50 % das familias acadaron reducións con respecto ao seu consumo superiores a 90 días, constatándose os seguintes máximos e mínimos: A familia número 8, co factor de redución mínimo, acadou reducir o consumo equivalente á súa demanda de auga correspondente a oito días. E a familia número 19, co factor de redución máximo, acadou reducir o consumo equivalente á súa demanda de auga correspondente a 98 días. Do mesmo xeito, o 62% das familias que reduciron a demanda de auga no seu fogar verificaron un aforro económico derivado do custe do servizo da auga no rango de 10 a 20€, cos seguintes máximos e mínimos: A familia número 10, que acada a menor redución do custe anual do servizo, cunha variación de – 0,27€. E a familia número 19, que acada a maior redución do custe anual do servizo con unha variación de -15,43€.
A análise do consumo de auga da familia nº 19, que é a gañadora da campaña, amosa os seguintes resultados: a demanda de auga diaria no 2009 foi de 183,56 litros/día, o que supón 61,19 litros por membros da unidade familiar. Se todos os veciños de Burela acadasen unha taxa de consumo semellante á desta familia poderían satisfacerse nas mesmas condicións as necesidades diarias de auga de 12.542 veciños máis.
Por outra banda convén resaltar o esforzo xeral da poboación burelesa de cara a facer un uso sostible da agua, constatándose que: o valor acadado en 2009, iguálase ao valor galego correspondente ao 2007 e é 5 litros inferior ao valor estatal da mesma data.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



