07 de Febreiro de 2012

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Comentarios a varias noticias da prensa da fin de semana

08-03-10

Hoxe lin no diario varias noticias que de unha ou de outra maneira me chamaron a atención e sobre as que vos quería dar a miña opinión. As noticias son as seguintes:
A CEOE fixo unha proposta de crear un novo contrato “basura” xuvenil que suporía cobrar menos do soldo mínimo interprofesional, non tería custe por despido e non daría dereito a paro.
Paréceme impresentable que os empresarios aproveiten a crise para facer ofertas de este tipo. Reclaman axudas públicas para financiar as empresas, para incentivar os mercados, etc, e como contrapartida queren empeorar as condicións dos traballadores.
Penso que o señor Díaz Ferran, despois da que monto na súa empresa, debería de ter un pouco mais de sentidiño a hora de facer propostas.

- Uns 1400 Xuíces piden un pacto para devolver a dignidade ao poder xudicial. Queremos aloxar o máximo posible o CGPJ da disputa política. Reclaman un gran pacto que asuma o compromiso de restituír ao Poder Xudicial e a cada un dos titulares a independencia e a dignidade que a Constitución lles recoñece.
Penso que os xuíces teñen todo o dereito a reclamar independencia. Pero eles son os primeiros que teñen que loitar pos esa independencia nas súas sentencias e no seu traballo diario. Noto en falta algunha autocrítica nesta noticia. Parece que a culpa e dos demais e que os Xuíces non teñen culpa algunha.

- España y Venezuela pactan un comunicado para reafirmar a súa loita contra ETA e colaborar co Audiencia Nacional para despexar dubidas acerca da investigación da alianza entre esta banda terrorista e as FARC.
Penso que España tá mais preocupada en manter a relación con Chaves que noutra cousa.
España ten que investigar e perseguir o terrorismo de ETA alí onde sexa que se poda agochar, moleste a quen moleste. E a súa obriga, e si non encontra a colaboración dalgún pais, e preciso, debe pedir axuda os seus socios da OTAN e a ONU.
Non vaia ser que teñamos colaborando en combater o terrorismo de outros países e non loitemos contra os terroristas de ETA que se encontran fora de España refuxiados noutros países.

- O Presidente do Consello Europeo respaldou os esforzos da ONU para buscar unha solución xusta, duradeira e aceptable para todas as partes en conflito no Sahara. Zapatero comentou que a posición de España ta xa consolidada e que apostou por Nacións Unidas e estima que o camiño do entendemento e o camiño da solución.
Penso que o que España, o resto de Europa e a ONU están facendo neste tema e falar demasiado e actuar pouco. Pasaron demasiados anos desde que España abandonou o Sahara e aínda hoxe non ta o tema solucionado. Penso que se ten que falar menos e actuar mais. Pero a este tema xa lle dedicarei unha carta mais extensa, pois merece unha reflexión mais amplía.

- A Xunta aprobará en Abril o acordo que legalizará as obras de Barreiros. O Consello da Xunta autorizará un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia, Deputación de Lugo e Concello de Barreiros para financiar i executar os proxectos de urbanización, abastecimiento e saneamento. O importe ascenderá a mais de 14 millos de euros, dos cales 5,6 aportaos a Xunta, 1,2 a Deputación e 7,2 o Concello.
Di o alcalde de Barreiros que os Barreirenses non terán que aportar nada, pois dos 7,2 millóns que aporta o Concello, 6 apórtanos os construtores e 1,2 vira da cesión do Ministerio de Fomento da N-634.
Eu alégrome de que se solucionen todos os problemas, e por suposto tamén o problema do urbanismo que teñen no concello de Barreiros. Pero quero dicirlle o alcalde de Barreiros que hai que ser mais humilde, comedido e sincero nas declaracións. Ou e que dos cartos públicos que pon a Xunta e a Deputación os Barreirenses non poñen nada. Ademais o Concello non tería outros posibles usos para o 1,2 millóns que cede Fomento.
Ademais non podemos olvidar que son cartos públicos cos que se vai solucionar un problema e crear uns servizos que terían que existir antes de dar as licencias, ou que terían que haber feito os construtores.

Bitacoras Facebook Twitter Tuenti Meneame Chuza del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon