Pide o BNG de Xove que que a desinfección dos transportes de gando siga sendo de balde
11-03-10NOTA DE PRENSA
O Bloque pide en Xove que a desinfección dos transportes de gando siga sendo de balde
O Bloque Nacionalista Galego de Xove anunciou onte que no vindeiro pleno solicitará que se manteña a gratuidade dos servizos de desinfección de vehÃculos de transporte de gando. Esta medida aféctalle especialmente aos tratantes da Feira de San Bartolo (Xove), un mercado de compra e venda de gando que se vén celebrando desde sempre o 24 de agosto en Penasagudas (parroquia de San Isidoro de Monte).
O goberno do PP na Xunta fixo pública a súa intención de que a eliminación de xermes dos vehÃculos que transporten animais vivos deixará de ser gratuÃta para os usuarios e se verá gravada cunha taxa que oscilará entre os 6 e os 25 euros. Esta medida unilateral do executivo de Feijoo afectará no seu inicio a tratantes e transportistas en xeral, pero acabará repercutindo nos gandeiros e, en última instancia, no peto de todos os consumidores que adquiran o produto final.
Marco López, responsábel local dos nacionalistas xovenses, declarou que, desde a ConsellarÃa do Medio Rural do anterior goberno da Xunta, o BNG mantivo a gratuidade deste servizo como mostra da polÃtica de apoio ao sector gandeiro, de suma importancia para os profesionais que exercen esta actividade en diferentes parroquias do Concello de Xove.
Por todo isto, o grupo municipal do BNG instará na Cámara Municipal a esixencia do mantemento do servizo público e gratuÃto de desinfección dos vehÃculos que acudan con gando aos recintos das feiras.

