23 de Febreiro de 2012

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alumnos dos colexios Vista Alegre e Virxe do Carme de Burela celebraron o Día da Árbore

30-03-10

Nos colexios Vista Alegre e Virxe do Carme de Burela, con motivo do Día da Árbore, os alumnos plantaron un castiñeiro e un ciprés, respectivamente. Foron dous alumnos de sexto nos dous casos, os que descubriron o nome das dúas árbores a través do xogo de pistas que puxeron en marcha as monitoras de Gaia. Despois recibiron como agasallo un libro e as dúas árbores e plantárannos nos seus centros. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, tildou de éxito a iniciativa e dixo que “é posible que a repitamos para o día do libro, porque o xogo lles gustou moito aos rapaces”.

Bitacoras Facebook Twitter Tuenti Meneame Chuza del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon