31 de Xullo de 2010

Técnicos municipais aconsellan negarse a pagar o arranxo do camión de recollida de lixo, asegura o PP de Cervo

12-03-10

Nota de Prensa

O único edil nacionalista dá máis credibilidade aos argumentos dunha empresa  privada que aos criterios dos técnicos municipais que  aconsellan non asumir o pago dunha reparación do camión do lixo ao entender que a mesma está cuberta pola garantía

O PP DE CERVO ACUSA AO VOCEIRO DO BNG DE TERSE CONVERTIDO NUN EXPERTO POR CORRESPONDENCIA QUE OPINA DE TODAS AS MATERIAS SEN O MÁIS MÍNIMO FUNDAMENTO

o Os populares especulan con ironía cal será a próxima materia sobre a que centrará as súas críticas Xoán Antón Estúa “sempre incorrendo en imprecisións e medias verdades, con total intención e ánimo de enganar aos veciños”

Cervo, 12 de marzo de 2010.- Para o Partido Popular de Cervo cada día que pasa hai más datos que demostran que o único edil do BNG en Cervo asumiu como propio o papel de Cobrador do Frac, eso si sempre en  defensa das grandes empresas que teñen algún tipo de contencioso contra o Concello de Cervo, e sempre antepoñendo o beneficio destas, por riba dos intereses dos veciños do municipio.

Xoán  Antón Estua que primeiro saíu defendendo a unha compañía submistradora de enerxía eléctrica, agora  vén de apoair a outra empresa privada ao respecto do conflicto que mantén  co consistorio. Ao PP Cervo parécelle asombroso que o voceiro do BNG lle dea máis valor e credibilidade aos argumentos manexados por esta empresa privada na reclamación dunha  débeda, que ás razóns e os criterios esgrimidos polos propios técnicos municipais que aconsellan negarse a pagar o arranxo do camión de recollida de lixo, pois o devandito gasto debera ser gratuíto ao dispoñerse da garantía correspondente.

O único concelleiro nacionalista non deixa de asombrar aos populares cervenses co seu extenso abano de “presuntos coñecementos” en temas tan dispares e distintos coma son o Urbanismo, a Economía, a Cultura e agora tamén a Mecánica. É  por iso que os populares xa están a efectuar apostas especulando sobre o próximo tema no que o señor Estua ilustrará aos veciños. “Tal vez se atreva a deleitarnos cunha lección maxistral sobre náutico ou quizais de xenética”. Pero á luz dos erros e imprecisións nas que intencionadamente incorre á hora de analizar todos os asuntos, moitos  nos tememos que estas cuestións sobre as que opina as debe aprender no seu tempo libre a través de cursos por fascículos ou por correspondencia.

O PP de Cervo subliña que por fortuna os políticos do Goberno local sempre se fiarán do  criterio dos seus traballadores municipais e dos técnicos competentes e por en base a iso  sempre se deixarán aconsellar por eles. Os populares insisten nesta idea ao subliñar que a política non fai aos servidores públicos converterse en  técnicos en todas as materias, polo que é moi aconsellable basear as súas decisións en relación cos coñecementos  dos profesionais que teñen ao seu redor. De feito grazas ao escrupuloso compromiso  coa defensa dos intereses xerais dos veciños e  o aval do criterio técnico tense aforrados moitos cartos como aconteceu nos casos como o Plan Placer, SUMIGEST, ou as deficiencias de construción da piscina olímpica municipal, ao respecto dos que tamén se suscitaron litixios xudiciais que remataron por dar razón ao Concello de Cervo.