23 de Febreiro de 2012

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A delegación de Medio Rural de Lourenzá implica a empresas e entidades na compostaxe domestica

31-05-10

LOURENZÁ .- A delegación de Medio Rural do concello de Lourenzá comezou a pasada semana comezou o reparto de compostadores aos inscritos no proxecto de compostaxe domestico co fin realizar a transformación da materia orgánica en compost. Participan neste proxecto  varias empresas e o colexio de educación infantil e primaria

NOTA DE PRENSA

Delegación de Medio Ambiente

Transformación da materia orgánica en compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan.

O PROXECTO DE COMPOSTAXE DOMESTICO INSTAURADO NO CONCELLO CHEGA AOS CIDADÁNS MÁIS CATIVOS, AOS COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE LOURENZÁ.

* Durante a pasada semana e durante a presente farase a entregada dos compostadores aos inscritos no Proxecto de compostaxe domestico.

* En colaboración con SOGAMA organizase unha excursión a prante de Cerceda destinada para os participantes neste proxecto así como para outros veciños que teñan interese.

Lourenzá,  31 de maio do 2010.- Dende a Delegación de Médio Rural do Concello de Lourenzá agradecen o interese mostrado entre os seus veciños para participar no Proxecto de compostaxe domestico instaurado no concello en colaboración côa Sociedade Galega de Médio Ambiente, SOGAMA, e principalmente a acollida que este proxecto tivo no CEIP Juan Rey, que, coa colocacción de dous composteiros acercarán aos mais cativos o interese póla transformación de resíduos orgánicos en compost, en definitiva o interese por hábitos que axuden a conservar o médio ambiente mais san.

Así mesmo a instalación dun composteiro na empresa Muebles Hermida I, S.A. vai permitir que este proxecto chegue a todo-los seus empregados dando a coñecer hábitos que contribuien a acadar un médio ambiente sostible. A entrega deste compostador fixoa a Concelleira de Médio Ambiente xunto co técnico de emprego do Concello o venres pasado nas instalacións da empresa.

Participan ademáis neste proxecto: Bar Cabaleiros, Bar O Recanto, Pastelería Cabaleiros, Restaurante La Unión, Viveros Cabaleiros, Fabas O Pontigo, Legumes Francisca, Manualidades Edra e Casa Perris.

Informar tamén que se está a organizar un viaxe gratuíto a pranta de SOGAMA en Cerceda para os participantes no proxecto así como de todo-los veciños interesados para o vindeiro xoves día 3 con saída as 15 horas da Praza do Concello. Aínda quedan prazas, en caso de esgotarse terán preferencia os anotados no proxecto por orde de solicitude.

Bitacoras Facebook Twitter Tuenti Meneame Chuza del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon