14 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Conmemorarán en Ribadeo o “Día internacional da biodiversidade” cunhas xornadas micolóxicas

14-05-10

RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá os días 21 e 22 de maio unhas xornadas sobre os cogomelos no monte galego coas que a Delegación de Medio Ambiente conmemorará o día internacional da biodiversidade.

Horacio Cupeiro explicou que “se celebrarán no auditorio municipal e serán impartidas por Hifas da Terra en horario de 18:30 a 21:30 o venres 21 de maio e de 10:30 a 14 horas o día 22. O que pretendemos con estas xornadas é celebrar o sábado o día internacional da biodiversidade”.

O edil nacionalista asegurou que “a intención destas xornadas micolóxicas é expoñer aos asistentes que o mundo das setas pode ser un camiño máis a explorar na alternativa á desaparición do mundo do agro. Tamén se expoñerá a plantación de castiñeiros resistentes á tinta como outra alternativa ao desenvolvemento sostible do noso concello”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive