13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A concellería de cultura prepara os III Xogos da Costeira para o 7 de agosto en Burela

19-07-10

BURELA (FNC) .- A Concellaría de Cultura e Deportes está a preparar os terceiros xogos da costeira que se desenvolverán o 7 de agosto coincidindo coa feira do bonito. As peñas interesadas en participar teñen ata o 30 de xullo para inscribirse na Casa do Concello.

A responsable de Cultura e Deportes, Neves Cando, manifestou que “dentro dos actos da 26 edición da feira do bonito que terá lugar en Burela o 7 de agosto dende a Concellaría de Cultura e Deportes estamos botando a andar a terceira edición dos xogos da costeira que se desenvolverán ese mesmo día a partires das 11 da mañá na explanada portuaria”.

A edil nacionalista explicou que “estes xogos da costeira constitúen o complemento lúdico-deportivo a estes actos de exaltación do bonito que a longo de todo o día teñen lugar no noso pobo. Para poder participar neles hai que constituír as chamadas peñas boniteiras, grupos de 10 persoas, cun mínimo de catro homes ou catro mulleres que, cun patrón ou patroa á fronte, competirán en cinco especialidades deportivas. O clásico xogo de tiro da corda, a carreira de varas, a carreira de relevos, a pesca do bonito e o quebracabezas da costeira”. Neves Cando engadiu que “estas peñas deberían ir vestidas para a ocasión segundo a temática da feira do bonito e cun estandarte, pancarta ou lema distintivo. Estas dúas cousas, a orixinalidade do vestiario e a identificación das peñas serán obxecto de puntuación polo xurado que ao final da mañá outorgará o premio á peña que máis puntos consiga na competición. O premio á peña gañadora consistirá no peso do patrón ou patroa en bonito así como un trofeo”.

Para poder participar nestes terceiros xogos da costeira os grupos que queiran facelo poderán anotarse na Casa do Concello ata o vindeiro 30 de xullo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive