CERVO .-O vindeiro 5 de agosto ás 18.00 horas no campo da Bidueira, en Cervo, os clubs de fútbol de Segunda División-B C. D. Lugo e Caudal Deportivo Mieres disputarán o “Trofeo Concello de Cervo”.
Nota de Prensa
O CLUB DEPORTIVO LUGO E O CAUDAL DE MIERES DISPUTARÁN O TROFEO “CONCELLO DE CERVO”
Cervo, 28 de xullo de 2010.- Os clubs de fútbol de Segunda División-B C. D. Lugo e Caudal Deportivo Mieres disputarán o vindeiro 5 de agosto ás 18.00 horas no campo da Bidueira (Cervo) o “Trofeo Concello de Cervo”. Así o deron a coñecer este mediodía Rubén Fernández, concelleiro de Deportes do Concello de Cervo, e Santiago Álvarez, directivo da SD Cervo-Sargadelos durante un breve acto nas instalacións do consistorio cervense.
Segundo indicou o edil de Deportes, o trofeo xurde das xestións feitas dende o Concello de Cervo “e ven a complementar a oferta lúdico-deportiva que está a desenvolver o Concello durante estes meses de verán coma o torneo de fútbol-7, o torneo de tenis, ou outras celebracións vencelladas co deporte” indicou Fernández. Neste senso lembrou que o Concello de Cervo ven facendo ano tras ano un gran esforzo en materia deportiva “o que se traduce non só no aumento da práctica do deporte dos nosos veciños ou na celebración de campionatos e eventos de carácter local, se non tamén na elección das nosas instalacións para organizar campionatos a nivel autonómico coma o de categorías inferiores de baloncesto feminino celebrado hai uns meses; ou o de apnea que tivo lugar hai poucas semanas na piscina municipal”.
RETOMAR O TORNEO
Tanto o representante municipal, coma o directivo da SD Cervo-Sargadelos coincidiron en sinalar que este encontro servirá tamén “como unha oferta deportiva máis para os afeccionados” e indicaron que a iniciativa nace coa intención de retomar o torneo de fútbol que se viña celebrando habitualmente nesta localidade polas datas de verán. “O torneo orixinario tivo 5 edicións e hai xa uns 15 anos que non se celebra. Vimos que era unha boa idea retomar este torneo e aínda que nesta edición o formato será só de un único encontro, tampouco desbotamos a idea de organizar un torneo entre varios equipos en vindeiros anos” indicou Rubén Fernández.
TENIS
Por outra banda, o concelleiro de Deportes lembrou que permanece aberto o prazo para o torneo de tenis que organiza o Concello nas pistas do Club Deportivo Río Cobo do 4 ao 7 de agosto. Rubén Fernández, indicou que os partidos desenvolveranse en horario de tarde-noite. O prezo de inscrición para participar no torneo será de 12 euros e os interesados teñen de prazo ata o 1 de agosto para formalizar a súa inscrición. Haberá trofeos para o 1º e 2º clasificado. Para ampliar información poden dirixirse ao número de teléfono 626892177
PISTAS DE PÁDEL
Ademais, o edil cervense tamén lembrou que permanecen a disposición do público en xeral as pistas de padel inauguradas na área de lecer do polígono de Cuíña o pasado mes de maio polo Concello de Cervo. A utilización desta instalación deportiva de uso publico ten un prezo de 3,30 euros a hora, sendo o seu período máximo de reserva de hora e media e sen destinguir entre censados e non censados no concello. A pista de pádel está xestionada dende a piscina municipal e terá os mesmos horarios de utilización que esta. Nela (na piscina) é onde se deben facer as reservas e o pago pola utilización da pista. No momento de formalizar a reserva, os usuarios deberán deixar o seu carné de identidade cando vaian a retirar a chave da instalación e devolveráselles cando fagan entrega das chaves na piscina municipal.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



