25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Oferta de emprego para un técnico de turismo por 12 meses en Ribadeo

02-07-10

RIBADEO (FNC) .- O Concello contrata a un técnico de turismo pola modalidade de obra ou servizo determinado a xornada completa e por un prazo de 12 meses. Entre os requisitos específicos que se esixen figura estar en posesión do título de diplomado ou similar e estar inscrito como demandante de emprego. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza a que se opta; o coñecemento do idioma galego e doutros idiomas como inglés ou francés e a antigüidade no paro.

Os interesados poden presentar toda a documentación esixida ata as 14 horas do vindeiro 12 de xullo no rexistro xeral de entrada. As probas de selección serán o día 14 de xullo ás 10 da mañá na Casa do Concello.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive