ACIA Foz manterá un novo encontro a vindeira semana para ultimar a campaña de primavera. Será o luns pola noite na cafetería Xoyma. Directiva e representantes do comercio mantiveron onte unha primeira xuntanza para analizar as iniciativas a levar adiante e quedaron en volver xuntarse o próximo luns, 13 de febreiro.
Están convocadas as probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (CELGA Nivel 1, 2, 3 e 4) no ano 2012. Estas probas están dirixidas a aquelas persoas que precisen certificar o seu coñecemento de lingua galega para acceder a un posto de traballo ou a unha actividade de formación. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 3 de abril de 2012.
A xuntanza entre o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José María González Barcia, e o presidente executivo da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Eduardo Núñez Torrón, será o vindeiro 16 de febreiro ás 11 da mañá. O encontro previsto para hoxe no Concello de Burela queda así aprazado para a semana próxima. O obxectivo desta xuntanza é analizar a posible colaboración a establecer entre o Concello e a Fundación Expomar e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.
O sábado, día 4 de febreiro, tivo lugar na Casa da Cultura de Alfoz unha charla sobre seguridade na Terceira Idade. Durante hora e media os axentes da Garda Civil Diego e José Antonio comentaron os principais riscos que corren as persoas anciás no relativo a roubos, viaxes, timos, etc. Foi unha charla divertida e proveitosa.
Esta fin de semana renovasen os menús anti-crisis do hotel o Cabazo de Ribadeo, con tres primeiros pratos, tres segundos e tres postres, bebidas e café por 18 euros comensal. Para reservas poden facelo no propio hotel restaurante ou no teléfono 982128517. Esta fin de semana do 11/02 ao 13/02 poden elixir entre os seguintes pratos: 1º prato: Fabada asturiana, Ensalada temperada con produtos da horta, Pementos do piquillo recheos de marisco. 2º prato: Pito caseiro con verduras, Merluza do pincho de Celeiro a la galega, Cachopo de tenreira con guarnición. Postres: Mousse de limón, Tiramisú caseiro, Flan con nata.
A Delegación de Medio Ambiente de Burela localizou unha cadela de caza sen chip identificador. O animal atópase nun local próximo á nave de obras do concello ao coidado de persoal municipal e agardando que o seu dono apareza.
© 2012 | Crónica3 A Mariña 2008 - 2012 | RSS | Contacto | Información legal










