O inicio do curso 2010-2011 será o próximo venres 17 de setembro, según a distribución horario que se pode ver nesta ligazón. Como novidades, este ano será o último que o ciclo medio de xestión administrativa se pode facer nun curso no centro máis 3 meses de formación en centros de traballo. É unha boa oportunidade para todas aquelas persoas que precisen chegar de forma rápida ao mundo laboral. A partir do curso 2011-2012 coa implantación do currículo LOE, a duración deste Ciclo Medio pasará a ser de dous cursos. Outras das novidades, é a implantación neste curso do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicación. O prazo para a solicitude de praza nos Ciclos Formativos, remata o próximo 13 de setembro. Toda a información relacionada cos prazos de admisión e matrícula, o inicio do curso e a oferta educativa poden consultala na web do centro
A Delegación de Medio Ambiente de Barreiros organiza unha viaxe a Muxía o vindeiro domingo 12 de setembro, xornada na que se celebra a festa na honra á Virxe da Barca. José Manuel Gómez Puente subliña que “os interesados en acudir poden inscribirse ata o vindeiro sábado chamando ao seguinte número de teléfono: 629 92 92 41”. A hora prevista de saída cara Muxía será ás seis e media da mañá.
O domingo 12 de setembro celebrase a primeira baixada do río Ouro en Kayak. O lugar de partida será área recreativa da Ponte Nova ás 10 e media da mañá. Os interesados poderán inscribirse en electrodomésticos Álvarez ou chamando ao teléfono 982 571 250 antes do venres dia 10 de setembro. Poderán participar tódolos rapaces con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos; o prezo por persoa será de 10 euros, e inclúe equipamento para a baixada, seguro de responsabilidade civil e comida.
A asociación de Burela Pasada das Cabras vaise a facer a Ruta das Praias en Castropol, de 13 quilómetros e dificultade baixa. Será o día 12 de setembro; partiran de Burela ás oito e media da mañá e calculan volver as tres da tarde. Para mais información dirixirse a Gráficas Arfe ou chamar ao 982 580 504 antes do día 10 as dúas da tarde. O prezo para non socios é de 15 euros e para socios son 10 euros.
© 2010 | Powered by cronica3 a mariña | ( RSS ) | Contacto | Información
