08 de Febreiro de 2012

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Amplio programa de actividades en Xove para o venres de San Bartolo

26-08-10

O venres, 27 de agosto, continúa o amplo Programa de Actividades que  o noso Concello organiza ou patrocina dentro das Festa Patronais 2010. Cronoloxicamente, o desenvolvemento do Programa de mañá é o seguinte: 11:00 horas.- OBRADOIRO DE MALABARES E DIÁBOLO que se vai celebrar na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX); 12:00 horas.- Presentación do Iº ENCONTRO DE PALILLEIRAS en Xove, no Salón de Plenos do Concello. 16:30 horas.- SCALEXTRIC XIGANTE na OMIX. 7.00 horas.- XOGA DE PALYSTATION na OMIX. 20:00 horas.- GRAN SARDIÑADA no Campo situado entre o Parque Municipal de Xove e o Centro de Saúde. 21:15 horas.- No Pavillón Municipal de Deportes de Xove XXVIIº FESTIVAL DE SAIÑAS “NO ADRO”, evento no que, cunha espectacular posta en escena, os do Grupo de Danzas e Músicas Tradicionais de Xove vannos deleitar co traballo realizado nos derradeiros meses. Para rematar este día, na Praza do Centro Cívico teremos Verbeca co Grupo MASTE

Bitacoras Facebook Twitter Tuenti Meneame Chuza del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon