19 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Asegura o BNG que o POL segue sen recoñecer como núcleos de identidade do litoral moitas poboacións da Mariña

17-08-10

Nota de Prensa

O BNG DENUNCIA QUE O POL NA APROBACIÓN INICIAL SEGUE SEN RECOÑECER COMO NÚCLEOS DE IDENTIDADE DO LITORAL MOITAS POBOACIÓNS DA MARIÑA

Os núcleos que non teñan esta cualificación  no POL terán moitas dificultades para desenvolverse

Veiga esixe ao PP que se posicione sobre as repercusións do POL nos concellos da comarca

O Bloque Nacionalista Galego anunciou que O Plano de Ordenación de Litoral que se atopa até  finais de setembro en fase de exposición pública, se ben introduce importantes modificacións en relación co documento previo a aprobación inicial, sigue sen plantexar solucións para os principais problemas que o Plano de Ordenación do Litoral criaban na Comarca da da Mariña. Neste sentido Veiga recordou “ que seguen a ficar vivendas e construccións fora de ordenación, que se hipotecan usos residenciais en áreas permitidas polo Planeamento, que se fixan prohibicións para usos residenciais por riba dos 500 metros e que seguen sen recoñecerse os Núcleos de Identidade Litoral”. Na mesma liña os nacionalistas denunciaron a absoluta falla de información que a Xunta de Galiza e o Partido Popular están a manter ao respecto, na mesma liña do acontecido na fase anterior a aprobación inicial, así como as múltiples deficiencias que presenta o documento tanto na concreción das propostas do documento como nas contradiccións existentes na propia cartografía.

Os nacionalistas criticaron a operación de engano masivo que está a executar a Xunta de Galiza coa grande maioría dos Concellos da Comarca en relación cos Núcleos de Identidade Litoral que segundo a normativa do POL serán as únicas áreas onde se van a permitir usos residenciais. Neste sentido Veiga lembrou que “Borobio nas reunións mantidas coas Corporacións da Mariña comprometeuse a recoñecer os Núcleos de Identidade Laboral existentes no Planeamento, poren a realidade é outra ben distinta xa que a maiores dos núcleos xa recoñecidos no avance do POL só se recollen Nois e Celeiro. Isto é o PP limita a edificación a Ribadeo, Rinlo, Foz, Nois,Burela, San Cibrao, Portocelo, Celeiro,Viveiro e Vicedo”. Na mesma liña o Responsábel Comarcal do BNG denunciou que “núcleos como Cangas, Fazouro, Vilaronte, Ría de Abres, Forxán, O Cantiño, Rueta, Covas,Area, San Román ou O Folgueiro algúns dos cales superan os mil habitantes fican sen posibilidades de desenvolverse”. “Non nos merecemos responsábeis públicos sen palabra e menos aínda o silencio cómplice dos representantes mariñáns do PP” rematou Veiga.

O PP debe poscionarse sobre un documento que segue estar cheo de contradiccións

Antonio Veiga informou “que a maiores das modificacións de fondo que se fixan no documento, o que significa que o PP está a emendarse a sí mesmo, aqueles aspectos que se modifican na Mariña, veñen coincidir fundamentalmente con aqueles concellos onde as Corporacións a iniciativa do BNG se reuniron con Borobio. É curioso que se recoñeza a posiblidade de usos residenciais en Nois ou Celeiro, pero que na totalidade do Concello de Barreiros non se recoñeza ningún núcleo de identidade litoral. Está claro que os Alcaldes do PP venderon a aos seus veciños”. Asemade os nacionalistas esixiron da Xunta que aclare os criterios seguidos para recoñecer uns núcleos de identidade litoral e outros non. “Borobio ten que explicar por qué Celeiro recoñecese como Núcleo de Identidade Litoral e Covas non, ou por que Cangas non aparece como núcleo é Nois si?”, preguntou Veiga quen esixiu dos populares da Mariña a que se posicionen respecto do documento.

O BNG volverá  facer unha campaña informativa nos concellos afectados.

Os nacionalistas anunciaron a presentación de mocións en todos os Concellos afectados solicitando a creación de comisións de estudos do POL así como a redacción por parte das equipas redactoras do planeamento e dos técnicos municipais de informes que expliquen de xeito detallado das repercusións do mesmo nos diferentes Concellos. “Nos entendemos que o proceso de ordenación do territorio require un dialogo entre as administración e fundamentalmente destas coa sociedade, non é de recibo o obscurantismo co que o PP pretende levar adiante a aprobación do mesmo” afirmou Veiga quen anunciou “que o BNG tamén levara a cabo unha campaña informativa sobre o mesmo como xa fixemos na fase de avance”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive