Nota de Prensa
O BNG DE FOZ DENUNCIA QUE O ALCALDE PAGA AS FACTURAS DO CONCELLO A QUEN QUER E CANDO QUER
O CONCELLO DE FOZ INCUMPRE A ORDE DE PRELACIÓN LEGAL NO PAGO DAS FACTURAS
INTERVENCION FISCALIZA CON DESCONFORMIDADE VARIAS FACTURAS POR ESTE MOTIVO
Foz a 27 de agosto de 2010.- O BNG denuncia que o alcalde de Foz e o seu grupo de goberno están a pagar facturas sen ningún tipo de criterio nin de orde de prioridade das mesmas como a lei esixe. Iso é o que se extrae de varios informes de Intervención sobre facturas fiscalizadas con desconformidade durante este ano.
Segundo a Lei Reguladora das Facendas Locais a expedición das ordes de pagamento haberá de acomodarse ao plan de disposición de fondos da tesourería que en todo caso deberá de recoller a prioridade dos gastos de persoal e das obrigas contraídas en exercicios anteriores. Por eso, en todos estes informes de Intervención sobre ordes de pagamento de facturas di claramente que “existen neste Concello obrigas que foron contraídas en exercicios anteriores e que se atopan pendentes de ordenar o pagamento e de pagar, situación que contravén o establecido nos artigos 187 do RD 2/2004 e 65 do RD 500/199”. Polo tanto, o alcalde e o seu grupo de goberno non están a gardar a orde rigorosa que a lei establece no pago de facturas incumprindo conscientemente os preceptos legais.
Estes feitos veñen a responder ás aclaracións que desde o BNG se lle pedían ao alcalde –e que nunca deu- sobre os criterios que se seguían por parte do goberno municipal para o pago de facturas. Agora queda claro que o pago das facturas no Concello de Foz faise sen seguir a normal e legal orde de entrada no Concello e de aprobación das mesmas, dándose o caso que existindo facturas conformadas de anos anteriores que aínda están sen pagar se pagan outras posteriores sen xustificación ningunha. É dicir, que o alcalde paga as facturas de quen lle da a gaña e cando lle da a gaña e evidencia un descontrol non só dos gastos, como xa temos denunciado, senón tamén nos pagos, como agora se comproba.
Unha vez desenmascarado, o alcalde debería de explicarlle aos veciños de Foz cales son os motivos que lle fan cometer estas irregularidades e saltar continuamente as leis así como explicarlles tamén aos acredores do Concello que aínda non se lles pagou as súas facturas porque se pagan outras moi posteriores no tempo sen ningún tipo de xustificación.
O BNG ve gravísimo que desde o goberno municipal se estea a actuar desta maneira creando agravios comparativos entre persoas e empresas ao mesmo tempo que nos preguntamos, visto o visto, se neste concello hai que ser amigo do alcalde para que se lle paguen as facturas antes cos outros. Ao mesmo tempo, pídelle ao grupo de goberno que rectifique e que pague as facturas recoñecidas e atrasadas que aínda están sen pagar antes de pagar ningunha outra.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



