José Manuel Balseiro, Secretario do Parlamento de Galicia e Tenente de Alcalde de Cervo, participou hoxe na emotiva homenaxe que a Xunta organizou en recordo de Isaac Díaz Pardo, na Biblioteca da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
O día 27 de febreiro comeza un curso de Inglés en Burela, no centro de formación Trasemfor (c/ do Rio- 982 888 872). Será Inglés Oxford Nivel Medio, con incidencia no desenrolo das conversas. O horario será a partir das 20:00h. Con opción de bonificación do 100% do curso.
ACIA Foz manterá un novo encontro a vindeira semana para ultimar a campaña de primavera. Será o luns pola noite na cafetería Xoyma. Directiva e representantes do comercio mantiveron onte unha primeira xuntanza para analizar as iniciativas a levar adiante e quedaron en volver xuntarse o próximo luns, 13 de febreiro.
Están convocadas as probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (CELGA Nivel 1, 2, 3 e 4) no ano 2012. Estas probas están dirixidas a aquelas persoas que precisen certificar o seu coñecemento de lingua galega para acceder a un posto de traballo ou a unha actividade de formación. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 3 de abril de 2012.
A xuntanza entre o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José María González Barcia, e o presidente executivo da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Eduardo Núñez Torrón, será o vindeiro 16 de febreiro ás 11 da mañá. O encontro previsto para hoxe no Concello de Burela queda así aprazado para a semana próxima. O obxectivo desta xuntanza é analizar a posible colaboración a establecer entre o Concello e a Fundación Expomar e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.
O sábado, día 4 de febreiro, tivo lugar na Casa da Cultura de Alfoz unha charla sobre seguridade na Terceira Idade. Durante hora e media os axentes da Garda Civil Diego e José Antonio comentaron os principais riscos que corren as persoas anciás no relativo a roubos, viaxes, timos, etc. Foi unha charla divertida e proveitosa.
© 2012 | Crónica3 A Mariña 2008 - 2012 | RSS | Contacto | Información legal











