21 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde de Ribadeo pide falar co conselleiro de Presidencia sobre o xulgado de primeira instancia

01-09-10

NOTA DE PRENSA:
FERNANDO SUÁREZ SOLICITA UNHA ENTREVISTA CO CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA PARA COÑECER EN QUÉ FASE SE ATOPA A CREACIÓN DO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NA VILA, UN SERVIZO QUE SE PERDEU NO ANO 1965.
Ribadeo, 1 de setembro de 2010. O alcalde, Fernando Suárez, solicita manter unha entrevista co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, para coñecer en qué fase se atopa a creación do xulgado de primeira instancia e instrucción na vila.
O rexedor lembrou hoxe que “desde o ano 1965 no que Ribadeo perdeu fatalmente o xulgado de primeira instancia e instrucción, desde aquela xa pasaron 45 anos. Toda a poboación de Ribadeo e eu como alcalde, pero como un cidadán máis, estamos moi escépticos sobre o comportamento de quen no seu momento tivo responsabilidade para que esto se puidera repoñer. Ribadeo por poboación, servizos e por unha serie de condicionantes moi imporantes tería que ter recuperado ese xulgado de instrucción, pero a día de hoxe no ano 2010 non se ten feito prácticamente nada”.
Suárez Barcia asegura que “hai unha loita interna, intestina, entre a Xunta e o Estado, entre os dous poderes que son quen para devolver este xulgado que nunca se debeu perder. O Estado é o que ten que autorizar a creación dun xulgado novo aquí en Ribadeo, pero debe ser a través dunha petición formal por parte da Xunta. E debo dicir que tanto o PSOE como o PP que estiveron na Xunta e no Estado alternándose nunca foron quen de facelo mentras estaban no goberno, pero sí son quen de reivindicalo cando son oposición”.
O alcalde ribadense dixo que “hai pouco tempo, sendo eu xa alcalde, o conselleiro socialista do ramo o señor Méndez Romeu achegóuse aquí a Ribadeo para anunciar o que a Xunta nunca chegou a facer, que foi pedir formalmente ao Ministerio de Xustiza a creación deste xulgado. Desde daquela, e cambiou o goberno autonómico hai ano e medio, non me consta que se teñan dado pasos neste sentido por máis que eu como alcalde lle teño indicado ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, a través de varias peticións de entrevistas”.
Fernando Suárez considera que “ao mesmo tempo hai unha situación que non queren ver os responsables que están no Estado e na Xunta porque pode estar pasando o sol pola porta para Ribadeo. Canto máis tarde este xulgado en ser creado máis dificultades poida ter, dado que os servizos tecnolóxicos cada vez acurtan os espazos físicos e quizáis se poidan facer dentro de non moito tempo determinadas actuacións por video conferencia ou a través das novas tecnoloxías que quizáis non fagan tan necesario crear un xulgado en Ribadeo”.
O rexedor suliñou que “veño de solicitar unha entrevista co conselleiro da Presidencia para saír deste impás, para non tirarnos os trastos á cabeza e para ver a capacidade que cada quen ten que demostrar no exercizo das súas funcións, sen ir a cuestións coma as que plantexa este concelleiro independente que está en vías de ser comprado formalmente polo PP, este señor Rivas que se montou un partido propio para andar dando algo de guerra e que agora está moi caladiño e cando actúa nunca o fai en contra do goberno da Xunta, quizáis porque sexan os mesmos que o están intentando comprar agora a prezo máis barato do que inicialmente se postulaba, pero comprándoo ao fin e o cabo. Non é a cuestión de que o Concello arranxe os departamentos do actual xulgado de paz, senón que se debe crear nesa ubicación o xulgado de primeira instancia e instrucción de Ribadeo”.
Fernando Suárez quere que nese encontro con Alfonso Rueda “estean todos e cada un dos voceiros dos grupos da Corporación Municipal para que nos informe do grao de execución dos acordos adoptados polo Concello e para que a Xunta asuma como propia a petición unánime do Concello de Ribadeo de reclamar este xulgado que era algo que nós, sen querer sacarlle nada a ninguén, queremos recuperar ese servizo como noso, como propio e como algo que hai 45 anos se perdeu e nunca se debeu perder”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive