12 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O comité de empresa de Alcoa apoia a folga do 29S e asegura que a reforma laboral crea precariedade

27-09-10

Nota de Prensa

COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA ALCOA DIANTE DA FOLGA DO 29/09/10.
A Reforma laboral aprobada recentemente no Parlamento do Estado, crea unha precariedade absoluta que afectará sen distinción aos traballadores/as fixos e eventuais.

1. A Reforma laboral provoca a indefensión ante o despedimento, de tal xeito que a figura de “despido preventivo” por causas obxectivas aparece por primeira vez na Lexislación Laboral, polo que a Empresa poderá alegar previsión de perdas para proceder ao despedimento individual ou colectivo con 20 días de indemnización por ano cun máximo de 12 mensualidades. Tamén inclúe para o despido, a diminución de ingresos como causa obxectiva, con independencia de que a Empresa contabilice beneficios no mesmo exercicio.
As causas obxectivas por razóns técnicas, económicas e de produción, tamén se flexibilizan, polo que a implantación de novos elementos técnicos ou a substitución de máquinas permite o despedimento. Tamén se facilita o despido procedente por baixas de menos de 20 días tanto sexan por enfermidade ou accidente non laboral.
2. A implantación das ETT’s a todos os Sectores provocará a substitución de traballadores/as contratados directamente pola Empresa.
Os Convenios Colectivos non poderán prohibir nin limitar a actuación das ETT’s.
3. As Empresas terán máis facilidades para non aplicar temporalmente o Convenio, no que respecta a salarios, xornada laboral e mobilidade funcional (mobilidade do posto de traballo).
4. A maiores o Goberno xa ten en carteira a reforma das Pensións, do Desemprego e dos Convenios, no que o PP reclama que se prohiban as Folgas durante a negociación do Convenio.
Todas estas Reformas pretenden deixarnos sen dereitos, para en definitiva provocar unha maior sobre explotación da Clase Traballadora, que traballemos máis e cobremos menos. Transferir máis salarios dos traballadores/as para as rendas do capital. Os ricos serán máis ricos e a Clase Traballadora máis pobre.
Non podemos ter dúbidas, a Folga do 29 é una resposta mínima a esta agresión sen precedentes. Temos a forza e demostrarémolo. Paremos as Reformas laborais.
TODAS E TODOS Á FOLGA O 29.
Asdo.
Comité de Empresa.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive