19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Sábado celebrase a IV Copa Cantábrica de Billarda en Asturias

25-10-10

NOTA DE PRENSA

Unha expedición formada por seis palanadores da Conferencia NorLeste e capitaneada polo seleccionador nacional Flores, recentemente nomeado dedocráticamente, desprazouse ata Numide – Tordoia o pasado sábado 23, donde se disputou ó II aberto puntuable da LNB da Conferencia Centro.

Acompañando ao xa citado Flores iban Suso, Marcos e Marthiño dos “Remourelle Bulls”, Geni de “Os Outros” e Daniel de “Os Billardeiros Musicais”. Participaron no abero e tiveron unha moi boa actuación xa que catro dos seis desprazados pasaron a fase de grupos diante dos experimentados palanadores do Centro. Geni e Martinho caeron en oitavos, Marcos loitou polo terceiro posto ainda que foi superado por Xosé Rodiño (Bateas) e Daniel , confirmando o excelente estado de forma en que se atopa, voltou a gañar superando esta volta nas dúas carreiras regulamentarias da final a Luis (Bateas) e conseguindo así o seu cuarto trofeo consecutivo.
Nembargantes o motivo principal da viaxe era votar unha ollada os posibles seleccionables cara o inmediato compromiso para xogar contra Asturias a IV Edicción da Copa Cantábrica. A espectacular progresión no xogo amosada polo palanador dos Bateas, Luis, impresionou favorablemente o míster, que xa o incluiu na lista definitiva de convocados. O enfrontamento está fixado para o vindeiro sábado 30 de outubro, no pavillón de Piedras Bancas-Avilés, ainda que si o tempo o permite podería xogarse en Pillarnu como se fixo outros anos, co seguinte programa:
12,00 h. disputa da Copa Cantábrica na modalidade de Encastrau (consiste en mete-la billarda dentro de un círculo de uns 60,00 cms de diámetro, o “castru”) qué é a modalidade a que xogan habitualmente en Asturias.
14,30 h. comida de irmandade.
17,00 h. aberto do lacón (modalidade de xogo a confirmar).
Os palandores galegos gañaron as dúas primeiras edicións, ainda que na terceria víronse sorprendidos polo cambeo na modalidae de xogo e foron superados polos asturianos. O míster Flores declarou que vai esixir dos seleccionados a máxima entrega co gallo de recuperar e traer de novo a Copa Cantábrca para as vitrinas da LNB.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive