18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Foz acolle a exposición “Feminismo galego: Cambios sociais e dereitos das mulleres” no CENIMA

29-11-10

Nota de prensa

O Observatorio da Mariña pola Igualdade inaugurará na comarca a exposición “Feminismo galego: Cambios sociais e dereitos das mulleres”.

A inauguración será este xoves 2 de decembro, ás 19 da tarde, no CENIMA en Foz.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade desde o seu nacemento, sempre postulou a necesidade de visibilizar o movemento e as correntes de pensamento feministas, como ferramentas indispensables para poder chegar a acadar sociedades máis xustas, democráticas e igualitarias.

O feminismo é un movemento transformador e polo tanto é preciso devolverlle o peso e a importancia que ten e a implicación que o mesmo tivo (e ten) na vida das mulleres e os homes nas sociedades nas que se crea e asenta.

A exposición Feminismo galego: Cambios sociais e dereitos das mulleres foi creada pola Fundación Galiza Sempre coa colaboración do Ministerio de Educación e a Deputación da Coruña.

Esta exposición itinerante recolle, nun formato atractivo e accesible para públicos amplos, diversos materiais que dan testemuño dos obxectivos e reivindicacións do feminismo galego. O contido temático da mesma vai desde a importancia da II República na proclamación do sufraxio universal ás primeiras organizacións de mulleres no franquismo, o movemento feminista e a cuestión do divorcio, a violencia de xénero, a sexualidade e a maternidade feminina, a loita pola igualdade, o avance do sufraxismo, etc…

A exposición xa percorreu desde a súa creación moitos pobos e cidades de Galiza chegando por primeira vez á comarca da man do Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración co Concello de Foz.

A inauguración terá lugar este venres ás 19.00 da tarde no edificio do CENIMA (Paseo da Ribeira s/n, Foz) ó acto inaugural participarán Encarna Otero e Xabier Macías, ámbolos dous integrantes da fundación e creadores da mesma, Rosa Alonso, edil da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Xuventude e Deporte do Concello de Foz e Luísa González presidenta da asociación Observatorio da Mariña pola Igualdade.

A exposición estará no CENIMA desde o día 2 de decembro ata o día 2 de xaneiro e poderase visitar en horario de luns a venres de 9 a 15.00 e de 17 a 20.00 e os sábados de 10 a 14 e de 16 a 21.00 horas no edificio que ten o CENIMA en Foz.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive