A Peña Barcelonista San Miguel organiza unha viaxe a Coruña para asistir ó partido de liga Depor - Barça
30-12-10Nota de prensa
![]()
Depor - Barça
A Peña Barcelonista San Miguel organiza unha viaxe a Coruña para asisitir ó partido de Liga Depor - Barça, que se disputará no estadio de Riazor o 8 ou 9 de xaneiro (día e hora por confirmar).
A expedición mariñana partirá o día do partido ás 10.00 h. dende Ribadeo, facendo varias paradas ó longo do traxecto para recolle-lós socios e afeccionados.
Os prezos para esta viaxe son, 75,00 € para socios, en concepto de entrada e un suplemento de 10,00 € para non socios por gastos de transporte.
Pasarase a xornada completa na cidade herculina, estando prevista a volta ó remate do partido.
Os afeccionados interesados en viaxar coa peña barcelonista San Miguel, pódense dirixir ó tfno. 649 57 13 60 (Jose). O prazo para apuntarse remata o 31 de decembro.
Esta é unha boa oportunidade para ver en directo ó mellor equipo da historia do fútbol, algo que está ó noso alcance e que non se debe deixar pasar.



















