23 de Febreiro de 2012

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Presentado en Xove o libro “De sol a sol. Un século de traballo en Xove”

29-12-10

Nota de prensa:
PRESENTADO EN XOVE O LIBRO “DE SOL A SOL. UN SÉCULO DE TRABALLO EN XOVE”

O pasado día 23 de decembro, presentouse en Xove o libro De Sol a Sol. Un século de traballo en Xove, obra que recolle un longo estudo etnográfico do mundo do traballo, realizado no mesmo concello de Xove durante máis dun ano polas súas catro autoras: Susana Fernández Iglesias, Rosa Lage Canoura, Nelle Pérez Franco e Lucía Sánchez Meitín.

No libro, no que participaron máis dun cento de habitantes do municipio, recóllese, dun xeito testemuñal, as diferentes formas de traballo: dende as tarefas do núcleo doméstico da casa, ata o campo, o mar, a industria e o comercio, e máis dunha vintena de oficios que tiveron a súa importancia en Xove durante máis dun século.

A referencia temporal da obra abrangue dende finais do século XIX, ata os anos setenta do século pasado; momento no que se comezou coa construción da factoría de alúmina e aluminio.

A publicación do libro contou coa colaboración do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, e o Concello de Xove reservou uns 1.400 exemplares para que todos os fogares do municipio tivesen un volume de forma totalmente gratuíta.

Bitacoras Facebook Twitter Tuenti Meneame Chuza del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon