19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Quinta xornada da Liga Norte da Billarda

18-01-11

Nota de prensa:

“O río cando vai cheo leva carballos e follas…” dice o canto popular. E entre carballos e follas, primeiro cos ferintes raios do sol abrindose paso entre as polas dos centenarios árbores para aguixar nos palanadores e logo cáseque as apalpadas nunha oscuridade galopante que poñía remate a unha fermosa xornada festeira de fin de semá, Guille armado de palán e billarda, pillou ao vo a Galiña de Mos.

Un sin par recanto no mesmo corazón de Castro de Riberas de Lea, “a Carballeira”, mais acorde que para xogar a billarda, cádralle usala para botar uns grolos de viño acompañando unha ración da autóctona galiña de Mos ou de pulpo (polbo para os mais puristas), foi o esceario escollido polos irmans do clube de bolos “O Cadaval” para disputar a V xornada da LNB da Conferencia norLeste.

Os palanadores foron chegando a pingas e por orde inversa a súa procedencia, primeiro os de mais lonxe despois os mais cercanos ao lugar, o que sumado os traballos de marcaxe de pistas, inscripcións e sorteo de grupos, fixo que o escomezo das carreiras se demorase mais aló das catro e media, de ahí que a noite se nos botase enriba sin nos dar conta.

Como estaba previsto foi unha exitosa xornada donde perto de medio cento de palanadoresos, malia as dificultades do irregular terreo que por riba estaba cuberto de un espeso manto de follas, foron adaptándose e ca carraxe habitual, petaban co palán na billarda o mellor que podían para levala cara o varal.

Salientar a participación no aberto do club de bolos O Cadaval, que se confirman como nova franquicia da LNB e cuxos palanadores rendiron a moi alto nivel, nomeadamente David, que foi quen de chegar a semifinais e mesmo forzar un desempate con Xose Rodiño, pero iste mais veteran aguantóu o empuxe ca frialdade que o caracteriza e non se deixou intimidar polo debutante na liga.

A final foi outro cantar, Guille, o gran palanador de “Os Outros”, que xornada a xornada vai a mais e apunta seriamente cara o título individual, foi o gañador cun pleno nas tres carreiras. Xosé Rodiño quedou segundo e o terceiro posto foi para Eric.

Tanto os irmáns do clube de bolos O Cadaval coma o propio Concello de Castro de Rei se implicaron totalmente na xestión do Aberto e foi o propio alcalde da vila D. Juan José Díaz Valiño acompañado polos concellais Dna. Ana Cancio e D. Mario Saavedra o encargado da entrega dos espectaculares trofeos: tres exemplares de Galiña de Mos e tres pratos conmemorativos se repartiron desta forma: Guille como campión absoluto, David como primeiro clasificado do lugar e Reyes como 1ª dona clasificada; os segundos nos mismos apartados, Xosé Rodiño, Carme e Lola levaron sendas duceas de ovos e bandeirolas; prato conmemorativo para Eric e Mario e para o resto de participantes vistosos chaveiros.

Si o meter a dous xogadores na final, o bó facer de Reyes (semifinalista e millor clasificada das donas), de Lola e de Jose lle xuntamos que, os ata entón líderes “Billardeiros Musicais”, acudiron a cita moi mermados de efectivos, temos por forza como resultado un cambio na cabeza da clasificación. Os Outros fanse ca primeira plaza e ameazan con seguir nese posto ata fin de tempada. Tamén os Bateas suben ó terceiro lugar por riba dos Remourelle Bulls. A cousa está que arde e promete emoción e loita sin cuartel. Agardase a vindeira cita do 29 de xaneiro en Meira con moita expectación, namentres logo de se disputar a 5ª xornada, estas son as clasificacións:

Individual: 1º Daniel, 2º Guille, 3º Hugo, 4º Xan Rodiño, 5º Xosé Rodiño.

Equipos: 1ª Os Outros, 2º Billardeiros Musicais, 3º Bateas

Varados: 1º Guille, 2º Daniel, 3º Jose, 4º Eric, 5º Ginés.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive