22 de Febreiro de 2012

Correo | Favoritos  | Imprimir   

¿Ten sentido unha candidatura independente?

26-02-11

¿Ten sentido unha candidatura independente?

Claro que si, e mira si teñen que coñezo a xentes que sosteñen que as candidaturas locais non deberían ser apoiadas ou patrocinadas polos partidos políticos. Os Alcaldes son figuras locais, que constrúen redes e confianzas máis aló dos partidos nos seus concellos. Aínda que o apoio partidario é útil no proceso de campaña, principalmente en termos de financiamento, tamén ten desvantaxes no sentido que divide á comunidade, que apela ao compromiso partidarios máis que á persoa do candidato.

No contexto legal en estamos as candidaturas independentes, Viveiro, O Valadouro, Foz, Barreiros e Ribadeo, por agora son un mega desafío, porque o sistema está feito para impedir que estas existan. Por iso, a aventura que emprenden é tremenda e é unha aposta (das poucas que hai) que abren camiño cara a unha lei electoral máis aberta e máis inclusiva.
O mundo está cambiando e a crise dos partidos políticos é mostra diso, hoxe estamos chamados/as a re-encontrarnos como persoas .

En termos da necesidade de contar cunha lexislación que permita maiores posibilidades ás candidaturas independentes. Tal vez esta é unha oportunidade para sacar aprendizaxes concretas a os partidos e os presuntos lideres locais, comarcais e provinciais, que coa súa prepotencia e mal facer orixinaron divisións nos seus partidos.
O apoio dos partidos políticos entrega financiamento e temas grosos, globais, que se sitúan en axendas locais. As candidaturas independentes poden ser máis fieis aos intereses que as fan nacer, unha oportunidade de levantar temas locais e intereses colectivos dos territorios en que xorden. Agora ben requiren dunha seria condución e apoio organizacional de sectores, membros da candidatura e xente simpatizante.

A chegada das candidaturas independentes e na práctica, á “real politic” como lle din, onde claramente o contexto de poder, político e social é determinante para o éxito dunha campaña independente. E outra cousa é que pasa unha vez que se gaña como expós, é dicir, como se goberna.
As candidatura independentes (case prefiro chamala candidatura extra-partidaria) é unha resposta a un crise. Creo que estamos fronte a un conflito global de participación cidadá.
Hai moitos que queren participar no “publico, pero a institucionalidade deixou isto para os partidos políticos na lóxica de “conquistar o poder”. A construción da ÉTICA PUBLICA, como aquel lugar onde converxen intereses colectivos. (da sociedade civil, as empresas e o Estado) e así o posible éxito dunha candidatura extra partidaria, sexa canalizar a converxencia dos intereses colectivos da comunidade en vista a un anhelo ou visión colectiva, baseada no respecto e a dignidade humana de todos e cada un dos habitantes do concello. Iso implica facerse “condutor” dos intereses colectivos. Isto require un traballo inmenso de base social.

Otero Regal

Bitacoras Facebook Twitter Tuenti Meneame Chuza del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon