Nota de prensa
A XUNTA VAI PERMITIR CAZAR CASE TODO O ANO
23-F, a escopeta nacional: Juárez e Borregón autorizan a caza todo o ano
23 de febreiro de 2010. A consellería de Medio Rural permitirá batidas de xabarín dende xuño até xfebreiro para “combater” os perxuízos desta especie. Nove meses de caza ao ano e máis de 20.000 batidas autorizadas de antemán que non precisarán acreditar danos. Nisto consiste a “caza social”, un vello anceio dos cazadores máis cavernícolas que agora Conservación da Natureza vén de asumir. Tal proposta, inédita en calquera política ambiental seria, vai expulsar ou poñer en grave risco a integridade de todas as persoas que non sendo cazadores, frecuentamos o monte. Tamén causará graves danos a outras especies de fauna salvaxe, incluidas especies protexidas, que non terán o sosego necesario para se reproducir, ou cuxas crías serán devoradas polas xaurías dos cazadores. Con medidas coma esta, os responsábeis de Conservación da Natureza certifican unha vez máis a súa incompetencia para xestionar a biodiversidade galega: son o raposo a ter conta do galiñeiro!
A xustificación para o alongamento da actividade cinexética pretende, segundo a administración, rematar cos danos á agricultura, cando este sistema xa se amosou inútil para tal fin: cada ano autorízanse máis batidas e cada ano hai máis denuncias por danos, mesmo baixo a sospeita de seren feitas polos propios “cazadores-recolectores”, co obxecto de acadar autorizacións “extra” para realizar batidas á marxe da tempada oficial. A realidade é que a administración só pretende aforrar cartos en pago de danos e de paso dar gosto aos Tecores: para os cazadores, xestionar as especies cinexéticas debe ser un negocio que só de beneficios e teña cero custos e cero responsabilidades.
Con decisións coma esta, que abeira a inconstitucionalidade, a administración ambiental galega só pretende favorecer ao lobby da caza e aos seus negocios paralelos (venda de armas e complementos cinexéticos, por exemplo), en detrimento do resto da cidadanía que ten dereito a frecuentar o monte e da propia conservación dos recursos.
Os danos ocasionados polos animais salvaxes, nomeadamente o xabarín, relaciónase coa desaparición das especies cinexéticas clásicas (como coellos, perdices, lebres, etc.), co exterminio dos depredadores naturais (principalmente o lobo) pero sobre todo co abandono do rural. Por iso, cómpre primeiro poñer o monte en valor, diversificando os usos (os monocultivos de eucalipto e do millo teñen moito que ver coa proliferación do xabarín) e coidándoo racionalmente, limpando o exceso de mato durante o inverno o que tamén rebaixaría o risco de lumes. Sen actuar sobre estes factores, meter máis pólvora e máis chumbo no monte non solucionará o problema e afondará no desequilibrio ecolóxico destas áreas.
Por iso, esiximos que se destinen recursos a limpar os montes durante o inverno, fomentando a repoboación con frondosas, factores limitantes do mato, e obrigando aos Tecores a realizar plantacións disuasorias lonxe das zonas agrarias, alén de incentivar o valado das explotacións, entre outras medidas.
Facer o xogo ao lobby da caza concedendo máis batidas non soluciorará o problema, ao igual que destinar inxentes cantidades de cartos á extinción non diminuíu o número de lumes. Con medidas coma esta, os responsábeis de Conservación da Natureza certifican unha vez máis a súa incompetencia para xestionar a biodiversidade galega: son o raposo a ter conta do galiñeiro!






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.