22 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE interesase no Parlamento pola situación da concesión do porto deportivo de Viveiro

09-02-11

Nota de prensa

ISMAEL REGO PREGUNTA NO PARLAMENTO POLA SITUACIÓN DA CONCESIÓN DO PORTO DEPORTIVO DE VIVEIRO

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego quere coñecer que valoración fai o Goberno galego do dictame emitido pola sección segunda do Consello Consultivo de Galicia sobre o dito expediente e a súa tramitación

– Reclama do Goberno de Feijoo “respostas claras sobre a súa máis que escura actuación neste asunto, tanto institucional como na súa repercusión social que só se pode cualificar de soberbia e prepotente e de máis que dubidosa legalidade”

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou unha iniciativa na Cámara Autonómica na que reclama explicacións sobre é a situación na que da concesión do porto deportivo de Viveiro.

Rego lembra que o 28 de maio do ano 2010 a Presidencia de Portos de Galicia acordou a incoación do expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada no seu día ao concello de Viveiro para a construcción e explotación de instalacións náutico-deportivas no porto de Viveiro.

O deputado socialista sinala que na resolución aprobada utilizábase como base ou xustificación “garantir a prestación dos servizos de interese público imprescindibles para o funcionamento do porto dentro dos parámetros que esixe a normativa de aplicación, particularmente no que atinxe á normativa tarifaria, de policía e seguridade portuaria e medioambiental”.

Asi as cousas advirte que pasaron xa máis de 6 meses dende a aprobación da resolución citada, e de que por parte de Portos de Galicia se adxudicase a dedo a unha empresa privada a súa xestión , sen que se coñeza mellora de ningún tipo, nin na instalación portuaria nin nos servizos que se ofertaban aos usuarios. E denuncia que os servicios reducíronse, como eles mesmos denunciaron.

Relata que a sección segunda do consello consultivo de Galicia, por unanimidade de todos os seus membros, acaba de dictaminar “que informa desfavorablemente a proposta de resolución a que o dito expediente se refire, procedendo á declaración da caducidade do procedemento”.

Con estes argumentos Rego reclama do Goberno de Feijoo “respostas claras sobre a súa máis que escura actuación neste asunto, tanto institucional como na súa repercusión social que só se pode cualificar de soberbia e prepotente e de máis que dubidosa legalidade”.

Nunha pregunta orla en Comisión quere saber;

1.ª) Cal é a situación na que se atopa o expediente de caducidade da concesión do porto deportivo de Viveiro?

2.ª) En que situación se a topa a dita concesión despois de rematados todos os prazos previstos na lexislación vixente sen que se tivese resolto o expediente aberto sobre a súa caducidade.

3.ª) Que valoración fai o Goberno galego do ditame emitido pola sección segunda do Consello Consultivo de Galicia sobre o dito expediente e a súa tramitación.

4.ª) Quen xestiona na actualidade a concesión e ao amparo de que modelo de contratación lle foi adxudicada.

5.ª) Cal foi a evolución dos equipamentos e servizos ofertados aos usuarios da instalación portuaria dende a retirada da concesión ao concello de Viveiro sen que tivese sequera concluída a tramitación do expediente de caducidade da concesión?

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive