19 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A delegación de Cultura de Burela oferta unha representación con monicreques para o público infantil

10-03-11

Nota de prensa

CulturAberta – Primavera 2011

Presenta, á Cía. A Xanela do Maxín coa obra “ A Pequena Lúa “

A Delegación Municipal de Cultura, dentro da Programación CULTURABERTA – PRIMAVERA 2011, presenta para este sábado, 12 de marzo, ás seis da tarde no Auditorio da Casa da Cultura, a Cía. A XANELA DO MAXÍN coa obra “ A Pequena Lúa “.

A Xanela de Maxín é unha compañía de monicreques profesional que comeza a súa andadura no ano 2007 coa creación e representación do espectáculo “ Chincha Rabincha “.

Dende un principio o seu maior obxectivo foi crear espectáculos propios e orixinais onde estivesen presentes valores coma a tenrura, o respecto, a perseverancia, a ilusión … para a continuación presentar propostas escénicas de calidade dirixidas a un público infantil e xuvenil partindo da base de que nos atopamos ante un público intelixente e creativo, que non é fácil de conformar pero que, ao mesmo tempo, se deixa sorprender con novas e diferentes propostas.

“ A Pequena Lúa “, é unha proposta escénica dirixida a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidaridade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

Nesta historia a gatiña Lúa coñece a un gato viaxeiro, poeta, bohemio e moi paroleiro para xuntos, con cariño e comprensión descubrir os segredos da vida. Aprenderán que con versos e moita ilusión se pode superar calquera dificultade e que fuxindo non se soluciona nada, se non con comunicación e entendemento.

DATOS:

Tipo espectáculo: Rede Galega de Teatros e Auditorios

Programación: Infantil / Público Familiar

Autor: Celtia Figueiras

Dirección: Luís Vallecillo

Tipo: Títeres de mesa

Entrada: Gratuíta

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive