23 de Febreiro de 2012

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación asinou un convenio co Concello de Mondoñedo para a xestión do lixo

30-03-11

Nota de prensa:
O Presidente da Deputación e o Alcalde de Mondoñedo asinan un convenio para a xestión do lixo

- Besteiro e Cruz acordan que o organismo provincial achegue case 14.000 euros para a adquisición de 70 colectores

- Os recipientes distribuiranse na propia cidade mindoniense e nas 14 parroquias que conforman este Concello da Mariña Central

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Mondoñedo, Manuel Orlando González Cruz, asinaron este mércores un convenio mediante o cal o organismo provincial achega 13.664 euros ó municipio mindoniense para a xestión do lixo.

Este investimento empregarase para a adquisición de 60 colectores de 800 litros e 10 de 240 litros que se distribuirán tanto na cidade mindoniense, como nas 14 parroquias que integran o Concello mindoniense.

O acordo entre Deputación e Concello prodúcese logo dun informe elaborado pola corporación municipal no que se daba conta do estado no que se atopa algúns colectores e da necesidade do seu cambio. A maiores, os veciños tamén solicitaron a reposición deste servizo.

Ante esta situación e debido ós problemas de liquidez da entidade local, o Goberno municipal solicitou axuda ó organismo provincial quen resposta coa sinatura deste convenio que se enmarca dentro da aposta pola máxima cooperacións cos Concellos.

Bitacoras Facebook Twitter Tuenti Meneame Chuza del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon