29 de Agosto de 2014

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE asegura que o MARM cumpriu coas expectativas para establecer os contratos obrigatorios para o precio do leite

06-04-11

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA

Valoración do Real Decreto lácteo

OS SOCIALISTAS DIN QUE O MARM CUMPRIU COAS EXPECTATIVAS PARA ESTABLECER OS CONTRATOS OBRIGATORIOS PARA O PRECIO DO LEITE

-A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes explica que os contratos homologados para o precio do leite permitirán fortalecer a súa posición na cadea de valor do leite

-Sinala que o Decreto “tamén aposta por unha maior transparencia no precio do leite”, coma unha das funcións da Inlac

- Dixo que a Xunta debe preocuparlle resolver un problema que é galego e no que a Xunta ten tódalas competencias, “porque Galicia segue á cola de Europa, e o precio do leite en Galicia é un 5% inferior ao da media estatal, e está un 7% por debaixo da media europea”

- E replícalle ao Conselleiro de Medio Rural do Goberno de Feioo que ten as competencias en materia de inspección

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2011. A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes asegurou hoxe que o Real Decreto do MARM 460/2011, de 1 de abril, cumpre tódalas expectativas para establecer a obrigatoriedade dos contratos entre productores e industrias que poderán negociar conxuntamente o precio do leite que permita fortalecer a posición dos productores .

A voceira socialista sinala que a obrigatoriedade aplicarase despois da moratoria de 6 meses acordada no seo da Inlac xunto coas organizacións agrarias, e unha vez se aprobe o Regulamento Europeo, tal como impulsou o Grupo de Alto Nivel que se puxo en marcha gracias ao empreño da Ministra Elena Espinosa durante a quenda de Presidencia Española da Unión Europea.

A parlamentaria explica que os contratos homologados para o precio do leite permitirán fortalecer a súa posición na cadea de valor do leite, para garantir e mellorar as rendas das explotacións, de xeito que a través das organizacións de productores poidan negociar conxuntamente o precio do leite. Di que esto permitiría aos productores coñecer anticipadamente o precio que se lles vai a pagar pola producción.

Argumenta que este contrato será obrigatorio para as transaccións do leite crú e incluirá volume, calendario de entregas e precio que terá en conta parámetros obxectivos coma a evolución dos precios no mercado, o volume e as calidades, e así garante os custes de producción o que dotará de maior estabilidade ao sector.

Reforza o papel do Inlac

Verdes tamén advirte que este Real Decreto recoñece e reforza o papel da INLAC establecendo as súas finalidades e funcións, “xa que permite que un mediador actúe de árbitro no caso de non entendemento entre as industrias e os productores”, subliñou. E engadiu “tamén aposta por unha maior transparencia no precio do leite”, coma unha das funcións da Inlac.

Asia s cousas a deputada afirma que a Consellería de Medio Rural “debería de deixar as críticas porque o MARM cumpriu a súa promesa para establecer nun Real Decreto a obrigatoriedade dos contratos homologados para o leite”, e insistiu “e está traballando en colaboración coa Inlac para garantir o seu desenvolvemento”.

E proseguiu coas súas criticas “o que ten que preocuparlles é de resolver un problema que é galego e no que a Xunta ten tódalas competencias, porque Galicia segue á cola de Europa, e o precio do leite en Galicia é un 5% inferior ao da media estatal, e está un 7% por debaixo da media europea”, espetou.Nese senso reclamou que reúna a Mesa do Leite co obxectivo de potenciar as relacións interprofesionais e a regulación do mercado do leite.

E replícalle ao Conselleiro de Medio Rural do Goberno de Feioo que ten as competencias en materia de inspección. Por iso envioulle unha mensaxe “aplique as súas competencias tamén en materia de inspección para evitar precisamente os abusos das industrias e distribuidoras aos productores”.

Iniciativa Parlamentaria

Por ultimo anunciou que o Grupo Socialista rexistrou unha iniciativa parlamentaria para mellorar a organización da producción e as relacións interprofesionais, a estabilidade e a mellor conformación do precio do leite.

Article Global Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Eli Pets