O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá un curso de manipulador de alimentos este vindeiro sábado, día 22, a partir da dez da mañá. Esta actividade formativa está organizada polo Concello de Lourenzá e a empresa Sea, qué unha firma dedicada a traballos de laboratorio, asesoría alimentaria e centro de formación. O prezo da matrícula é de 30 euros e os interesados en inscribirse ou obter máis información poden dirixirse aos teléfonos 690.012.783 ou 982.121.006.
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar ten previsto celebrar o San Xoán o vindeiro 22 de xuño. As actividades darán comezo a partir das 19 horas nas inmediacións do local social de Trasbar e logo desfrutaremos dunha chorizada/pancetada que rematará coa queima da fogueira sobre a media noite. Agardan a participación de gran número de persoas, xa que é unha actividade dirixida a socios e tamén ós non socios.
ACISA entregou os premios do concurso convocado para elixir o slogan da próxima edición do Ribadeo aberto, que terá lugar o próximo 5 de xullo. 'Ribadeo aberto, paseo entre desexos' foi o slogan gañador. O seu autor é Marc Monforte Farnós que concorreu ó concurso co pseudónimo de Ni + ni -. El levarase 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACISA. O segundo premio de 100 euros en vales de compra foi para José Carlos Díaz Blanco. O seu slogan foi o que reuniu máis "Me gusta" en Facebook. O seu lema: 'Vén a Ribadeo e déixate levar polo seu encanto'.
O equipo de I+D+i de Quescrem, especialista en queixo crema e primeira empresa láctea galega de base tecnolóxica, desenvolveron o primeiro queixo crema español 0% sen lactosa, un producto único no mercado que agora, en virtude dun acordo entre Quescrem, Adilac e Gadisa, poderán probar gratuitamente todos os membros da Asociación Española de Intolerantes á lactosa (ADILAC) que teñan un establecemento Gadis preto do seu domicilio. A opción de probar o 0% terana tamén os seguidores das redes sociais de Quescrem, xa que se repartirán tarrinas de proba para aqueles que queiran coñecer esta nova tecnoloxía, que aplicarán baixo demanda tamén ó sector profesional. O desenvolvemento deste novo queixo foi potenciado polo interese de Quescrem de traballar na innovación de produtos dirixidos a aqueles sectores da poboación con restriccións alimenticias, un sector cada vez máis amplo e que demanda o acceso a todo tipo de alimentos.
Éxito da charla sobre preferentes e subordinadas celebrada onte en Ribadeo organizada por ACISA. O salón de actos da Casa Sindical estivo repleto para escoitar as explicacións dos abogados lucenses Miguel Fernández Freire e Patricio Viveiro Fernández, expertos nesta materia que recomendaron ós afectados acollerse ó canxe por diñeiro ofrecido por Nova Galicia Banco para non quedarse en ningún caso con accións desa entidade bancaria. Os letrados tamén insistiron na conveniencia de aceptar as condiciones plantexadas ós que son chamados para a arbitraxe, porque é a mellor solución. Ademais explicaron que aqueles afectados que non foron convocados para a vía arbitral deben analizar a posibilidade de presentar unha demanda xudicial, que non compensa en todos os casos, segundo aclararon. A de onte foi a segunda charla sobre preferentes e subordinadas que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
Este xoves 20 de xuño na biblioteca do IES Perdouro ás 11.00h o alumnado de 1º de Bach de TIC coordinado por Miruca Parga (EDNL) e José Luis Fernández (TIC) presentará a publicación nº 19 da revista escolar Maruxía da Asociación Cultural Os Matos. Ademais o presidente da asociación Os Matos, Antón Niñe, procederá á entrega dos premios do certame de relatos curtos "Doce meses, moitas paisaxes" e do concurso de imaxe.
Os nenos e nenas dos colexios de San Miguel e San Cosme, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, disfrutaron hoxe no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro dun espectáculo de maxia-clown, que lles fixo pasar unha mañá moi agradable e diferente. O acto estivo organizado pola Concellería de Cultura e a OMIX e contou coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
© 2013 | Crónica3 A Mariña 2008 - 2012 | RSS | Contacto | Información legal











