Di o PP de Lugo que os resultados acadados na provincia “obrígannos a traballar con intensidade, rigor e responsabilidade”
20-06-11Nota de prensa:
Barreiro: “os resultados acados polo PP na provincia de Lugo obrígannos a traballar con intensidade, rigor e responsabilidade”
A defensa dos intereses xerais da provincia ten que guiar, en opinión do presidente do PPdeLugo, a súa actuación política nas administracións locais e provincial os vindeiros catro anos
Para José Manuel Barreiro, segundo asegurou hoxe durante a reunión da xunta directiva provincial á que asistiu Feijoo e Rueda, o “respaldo maioritario acadado o 22-M pon de manifesto que estamos no bo camiño”
Lugo, a 20 de xuño de 2011-. O presidente e o secretario xeral do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo e Alfonso Rueda respectivamente, participaron hoxe na primeira xuntanza celebrada pola xunta directiva provincial do Partido Popular tras os comicios do 22 de maio.
Precisamente a análise do mapa político resultante tras a celebración das eleccións municipais por parte do presidente provincial José Manuel Barreiro foi un dos asuntos abordados no encontro. Segundo explicou, o feito de que o PP continúe a ser a forza maioritaria na provincia, mellorando incluso o apoio recibido en 2007 cun incremento do cinco por cento na porcentaxe de votos, supón un “claro e obxectivo” respaldo á actuación desenvolvida polos populares nestes últimos catro anos nas corporacións locais e provincial.
Un traballo que, segundo dixo, permitiu ós populares asumir o bastón de mando en 44 concellos da provincia. Noutros seis municipios, pese a ser a forza maioritaria, a conformación de pactos ou de acordos de investidura privaron ós candidatos populares de asumir a alcaldía.
Barreiro salientou que a súa formación é tamén a maioritaria na Deputación. Indicou a este respecto que os resultados logrados colocan ó PPdeLugo no posto 11 das 38 deputacións existentes no Estado.
Así, segundo explicou, o 47 por cento dos votos recibidos no ámbito provincial traducironse, polas peculiaridades do reparto por circunscripcións, en 12 deputados provinciais, un máis con respecto ás eleccións de 2007, aínda que insufiente para facerse coa maioría absoluta. Independentemente desta circunstancia, o presidente provincial insistiu en que o seu partido, “como forza maioritaria”, segue a postularse como “lexítimo” aspirante a facerse co goberno provincial e ironizou co feito de que “algún, pese a que os lucenses non respaldaron á súa formación política nas urnas, se considere xa presidente da institución”.
José Manuel Barreiro, tras salientar e agradecer o traballo desenvolvido durante a campaña polos integrantes de todas as candidaturas, afiliados, simpatizantes e colaboradores, instou a todos a seguir a traballar os vindeiros catro anos con “idéntica intensidade, resposabilidade e rigor que ata o de agora porque a confianza depositada en nos pola maioría dos lucenses pon de manifesto que estamos no bo camiño”.
“A defensa do interese xeral da nosa provincia e dos seus habitantes debe mantenerse como o noso principal obxectivo e a razón que presida a nosa actividade política en concellos e Deputación”, asegurou.
















A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, realizou a semana pasada unha viaxe a Almuñécar en Granada, onde puideron visitar a Alhambra, as Alpujarras e a Costa Tropical. Ademais, xa teñen preparada a viaxe gastronómica o Santoinho en Viana do Castelo a fin de semana do 8 e 9 de xuño a un prezo de 100 euros con todo incluído: mercado, bacallau, entrada ó Santoinho, pensión completa e mariscada nas Rias Baixas. Tamén está programada unha viaxe dunha semana ás Rías Baixas para desfrutar desta comarca galega, visitando todos os seus pobos e cidades por 220 euros. Poden anotarse en 
O Concello de Xove entregou os premios do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. O concurso foi convocado pola Biblioteca Municipal e constou de dous apartados, un literario e outro de artes plásticas. A entrega dos diplomas e premios foi presidida pola concelleira de Cultura, Dolores Meitín, acompañada de varios membros do xurado. A relación de premiados é a seguinte: