Entrega de diplomas aos alumnos da Escola Municipal de Maiores
20-06-11Martes 21 de xuño ás 11:00 horas, vai ter lugar no Salón de Plenos do Concello a entrega de diplomas aos alumnos da Escola Municipal de Maiores, nun acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola profesora Angélica Casabella. Participaron na actividade 40 alumnos con idades comprendidas entre os 60 e os 83 anos. A Escola de Maiores cumpre tamén unha función social dado que propicia a reunión dos seus participantes, o cal lles proporciona benestar e mellora na súa calidade de vida, favorecendo tamén a comunicación e a convivencia.

















A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos, organiza para o vindeiro sábado 25 de maio a Festa das Letras, tal como se vén facendo nesta parroquia barreirense na última década. Os actos terán lugar nas escolas a partir das 7 da tarde, que será cando se realicen as actividades dirixidas ao público infantil, consistentes en xogos populares e de animación así como outras actividades relacionadas coa cultura e coa lingua galegas. Todos os participantes recibirán os correspondentes agasallos. Ás nove e media da noite terá lugar a representación de “Véndese unha mula e A Pousada”, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte.
O vindeiro sábado 25 de maio Mofa e Befa estará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro coa obra "Románticos!". Será ás 20.30 horas cunha duración de 100 minutos e para público adulto. Mofa & Befa regresan para colocar un dos mitos contemporáneos no seu sitio: o espírito romántico.