Escolares de Lourenzá premiados na fase provincial do certame das Letras Galegas 2011
25-06-11Nota de prensa
Concellería de Cultura de Lourenzá.
Nesta ocasión, desexo felicitar aos nenos laurentinos que resultaron premiados na fase provincial do Certame de Narración e Debuxo “Letras Galegas 2011″, que xiraba en torno á temática É MENTIRA nesta edición, e da que o xurado vén de facer público o listado de gañadores. Trátanse de Codés Lillo Irimia, gañadora do 1º Premio da Categoría C de Narración; e Fátima Reino Reigosa, que obtivo un accesit nesa mesma categoría.
Na categoría B de Narracción, obtiveron cadanseu accesit os nenos Javier Álvarez Méndez e Iván García Álvarez. E xa na categoría A, tamén en Narración, Antía Lillo Irimia resultou agraciada co 2º Premio.
Todos eles deben acudir á Biblioteca Provincial de Lugo, o vindeiro mércores, 29 de xuño, onde terá lugar ás 18:00 horas, o acto de entrega de premios a tódolos nenos da provincia que resultaron elexidos nesta convocatoria.














Organizadas pola ACIA de Alfoz, veñen de iniciarse este mércores día 19, unhas visitas escolares ó concello de Alfoz e ó Val do río Ouro. Vinte e un alumnos do instituto Illa de Sarón de Xove, acompañados de dous profesores, pasarán tres días polas nosas terras. Estas visitas inclúen unha chea de actividades deportivas, lúdicas e culturais, para a realización das cales colaboran diversas entidades locais, dende o mesmo concello ata asociacións culturais, deportivas, empresas, etc. A finalidade é procurar uns días de diversión ós escolares que veñan e, ó mesmo tempo, potenciar o aspecto turístico do Val.
ACISA entregou os premios do concurso convocado para elixir o slogan da próxima edición do Ribadeo aberto, que terá lugar o próximo 5 de xullo. 'Ribadeo aberto, paseo entre desexos' foi o slogan gañador. O seu autor é Marc Monforte Farnós que concorreu ó concurso co pseudónimo de Ni + ni -. El levarase 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACISA. O segundo premio de 100 euros en vales de compra foi para José Carlos Díaz Blanco. O seu slogan foi o que reuniu máis "Me gusta" en Facebook. O seu lema: 'Vén a Ribadeo e déixate levar polo seu encanto'.