Mal comezo para o alcalde de Foz
30-06-11![]()
Mal comezo para o alcalde de Foz: prohibir as comidas no pequeno campo enriba
da Rapadoira.
Unha metedura de zoca, coma a que fixo o seu xefe Feixóo co decreto do
galego. E que non hai outras prioridades en Foz ou na Galiza?
A costume de comer e pasar alí o día, para as xentes que veñen das
aldeas, ven de vello e non parece que teña prexuizos, ou dende logo moitos
menos cos destrozos e perigos da movida nocturna.
Argumentar que pon en risco a bandeira azul e a Q da praia resulta
contradictorio, cando todos estes anos, con esa costume se mantivo.
Totalmente dacordo co cronista oficial, en canto outras necesidades e
limpezas que ten Foz. Por certo para cando a retirada dos camións do lixo
aparcados no porto? Non chega cos efluvios da EDAR?
Lourenzo
















O vindeiro sábado 25 de maio Mofa e Befa estará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro coa obra "Románticos!". Será ás 20.30 horas cunha duración de 100 minutos e para público adulto. Mofa & Befa regresan para colocar un dos mitos contemporáneos no seu sitio: o espírito romántico.
Os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña desprazáronse a Chavín a visitar os “Eucaliptos de Chavín”, no Souto da Retorta. Alí tamén puideron coñecer o avó de Chavín, un eucalipto de 130 anos. Esta xornada permitiu un acercamento á natureza que redunda positivamente na súa melloría. Ademais, compartiron risas e coñecementos que favorecen a creación de grupo e a integración na comunidade.
Alumn@s do IES Vilar Ponte de Viveiro participaron no Monasterio de Celanova nunha Unidade Didáctica sobre o órgano. O alumnado vivairense estivo acompañado polos tres profesores que forman o departamento de Música. A sesión explicativa sobre o órgano correu a cargo de Marisol Mendive, profesora de órgano do Conservatorio de Ourense. Estas sesións véñense celebrando desde fai varios cursos escolares e o IES Vilar Ponte é a primeira vez que participa. A xornada consiste nunha explicación e aproximación ao instrumento, que logo conclúe cun concerto didáctico onde os alumn@s interpretan unha serie de partituras á frauta e son acompañados pola organista. A experiencia resultou moi amena para o alumnado, que ten a oportunidade de ver de cerca o funcionamento deste instrumento; no caso do de Celanova unha verdadeira xoia do patrimonio galego.
A Asociación de Mujeres en Igualdad Burela e Meniñ@s Centro de Formación y Ocio Educativo de Burela firman un convenio polo cal o centro ofrece de forma totalmente gratuita dúas prazas en turno de mañás para nenos cuxas nais se atopen en situación de exclusión social. Ademais, está orientado a fillos de vítimas de violencia de xénero. Desta forma, Meniñ@s quere colaborar coa labor que está a realizar a asociación Bumei.