O alcalde de Foz e o ciclo superior de hostalería
20-06-11O ALCALDE DE FOZ E O CICLO SUPERIOR DE HOSTALERÍA
Ante de nada debo dicir que me alegro moito de que se siga a ofertar o ciclo superior de Hostalería no IES de Foz. Si non fose así sería unha inxustiza mais que habería que sumar as moitas xa feitas no noso Concello.
O motivo desta carta é que no Progreso do día 17-06-2011 lin o seguinte comentario:
En el encuentro Castiñeira tuvo palabras de agradecimiento hacia Raquel Arias «e tamén para o conselleiro de Educación Xesús Vázquez por seren os que se encargaron de que finalmente o IES de Foz conservase o curso de hostalería», indicó.
El propio regidor se mostró molesto con la campaña de movilización llevada a cabo contra la Xunta «xa que cando a min se me presentou o problema pedín tres días para solucionalo e o mesmo día que sae publigado no diario oficial que si vai haber curso se producisen estas movilizacións», señaló Castiñeira.
Pois ben, a estas declaracións recollidas no Progreso quero facerlles os seguintes comentarios:
- O Alcalde de Foz non ten nada que agradecerlle a Raquel Arias nin o Conselleiro por manter un servizo que xa tiñamos. Iso é o normal. O anormal, a cacicada e a inxustiza sería suprimir o ciclo sen saber o número de matriculados que podería haber. Por tanto a Raquel Arias e ao Conselleiro, o Alcalde o que lles tería que transmitir sería unha queixa e o seu descontento e o de todo o pobo.
- O Alcalde de Foz non ten que estar descontento co mobilización que tivo lugar. Todo o contrario, tería que estar moi agradecido aos que se mobilizaron na defensa dos intereses e dereitos de Foz.
Parece ser que o Alcalde de Foz aínda non sabe ben cal e o seu cometido. Quizais por o pouco tempo que leva, aínda non se deu conta de que o seu labor non é defender os intereses do PP, nin da Xunta, senón os do Concello de Foz e os dos seus veciños.
Espero que axiña se dea conta, senón alguén llo terá que recordar.
O Fareiro de Foz














Organizadas pola ACIA de Alfoz, veñen de iniciarse este mércores día 19, unhas visitas escolares ó concello de Alfoz e ó Val do río Ouro. Vinte e un alumnos do instituto Illa de Sarón de Xove, acompañados de dous profesores, pasarán tres días polas nosas terras. Estas visitas inclúen unha chea de actividades deportivas, lúdicas e culturais, para a realización das cales colaboran diversas entidades locais, dende o mesmo concello ata asociacións culturais, deportivas, empresas, etc. A finalidade é procurar uns días de diversión ós escolares que veñan e, ó mesmo tempo, potenciar o aspecto turístico do Val.
ACISA entregou os premios do concurso convocado para elixir o slogan da próxima edición do Ribadeo aberto, que terá lugar o próximo 5 de xullo. 'Ribadeo aberto, paseo entre desexos' foi o slogan gañador. O seu autor é Marc Monforte Farnós que concorreu ó concurso co pseudónimo de Ni + ni -. El levarase 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACISA. O segundo premio de 100 euros en vales de compra foi para José Carlos Díaz Blanco. O seu slogan foi o que reuniu máis "Me gusta" en Facebook. O seu lema: 'Vén a Ribadeo e déixate levar polo seu encanto'.