Velada literaria de fin de curso no IES Perdouro
30-06-11
O marte 28 ás 6h da tarde reunimonos no xardín do IES Perdouro para celebramos unha singular velada literaria de despedida do curso. Contamos coa participación dos nosos compañeiros do Dpto de Lingua Galega Ramón Blanco e Mercedes López Losada; e das alumnas Laura Ramos, Rocío Eijo, Alba Rodríguez e Lucía Barrera ademais dalgúns outros profesores.















O pasado sábado os corredores da ED Lourenzá participaron na Clásica dos Lagos de Covadonga, onde participaron preto de 3000 ciclistas. O equipo da sección de ciclismo laurentina estivo formado por Peixe, Luís, Félix, Andrés, Diego, Longarela e Paco. A competición non foi doada xa que tiveron que superar en plena proba un desnivel de 1200 metros. A vindeira saída está prevista para este domingo día 23 de xuño cando representarán ás ED Lourenzá en As Pontes no Desafío das Fragas do Eume, cunha participación duns 10 ciclistas.
Organizadas pola ACIA de Alfoz, veñen de iniciarse este mércores día 19, unhas visitas escolares ó concello de Alfoz e ó Val do río Ouro. Vinte e un alumnos do instituto Illa de Sarón de Xove, acompañados de dous profesores, pasarán tres días polas nosas terras. Estas visitas inclúen unha chea de actividades deportivas, lúdicas e culturais, para a realización das cales colaboran diversas entidades locais, dende o mesmo concello ata asociacións culturais, deportivas, empresas, etc. A finalidade é procurar uns días de diversión ós escolares que veñan e, ó mesmo tempo, potenciar o aspecto turístico do Val.
ACISA entregou os premios do concurso convocado para elixir o slogan da próxima edición do Ribadeo aberto, que terá lugar o próximo 5 de xullo. 'Ribadeo aberto, paseo entre desexos' foi o slogan gañador. O seu autor é Marc Monforte Farnós que concorreu ó concurso co pseudónimo de Ni + ni -. El levarase 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACISA. O segundo premio de 100 euros en vales de compra foi para José Carlos Díaz Blanco. O seu slogan foi o que reuniu máis "Me gusta" en Facebook. O seu lema: 'Vén a Ribadeo e déixate levar polo seu encanto'.