“Ponlle as pilas ao teu bocata”, a actividade lúdica para a nenos e nenas de 5 a 16 anos en Barreiros
29-07-11Nota de prena
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA terá lugar o vindeiro 11 de agosto na praza do Concello, en Barreiros, a partires das 19 horas. A actividade lúdica está destinada a nenos e nenas de 5 a 16 anos e nela recibirán información sobre o consumo de peixe e marisco e sobre os beneficios das conservas e as enerxías que éstas lles aportan. Segundo explican desde o Concello “a actividade consiste na realización dun xogo lúdico-educativo e a posterior preparación de bocatas de conservas por parte dos propios nenos asistentes”.
Os interesados en participar poden anotarse ata o 4 de agosto no departamento de Servizos Sociais do Concello en horario de 10 a 14 horas. A actividade está organizada pola Consellería do Mar da Xunta e polo Concello de Barreiros.
















Máis de cen persoas acudiron ao acto de presentación da exposición "Os ollos dasp alabras" co que a Librería Bahía celebrou o seu 50 aniversario. A poesía de Baldo Ramos, a música de Mano Panforreteiro e as esculturas de Caxigueiro encheron a noite de arte e de palabra. A exposición permanecerá aberta no CENIMA de Foz ata o 7 de xuño.
A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos, organiza para o vindeiro sábado 25 de maio a Festa das Letras, tal como se vén facendo nesta parroquia barreirense na última década. Os actos terán lugar nas escolas a partir das 7 da tarde, que será cando se realicen as actividades dirixidas ao público infantil, consistentes en xogos populares e de animación así como outras actividades relacionadas coa cultura e coa lingua galegas. Todos os participantes recibirán os correspondentes agasallos. Ás nove e media da noite terá lugar a representación de “Véndese unha mula e A Pousada”, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte.