A OMIX do Concello do Valadouro organiza unha nova edición do programa Xogos na Praza
03-08-11A OMIX do Concello do Valadouro organiza unha nova edición do programa Xogos na Praza nos martes do mes de agosto. Todos os nenos a partir dos 5 anos están convidados á diversión os martes de agosto, 9, 16, 23 e 30, a partir das 17 horas na Praza de Santa María de Ferreira do Valadouro. A orde dos xogos será rocódromo, xogos con auga, karts e xogos populares.
















O vindeiro sábado 25 de maio Mofa e Befa estará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro coa obra "Románticos!". Será ás 20.30 horas cunha duración de 100 minutos e para público adulto. Mofa & Befa regresan para colocar un dos mitos contemporáneos no seu sitio: o espírito romántico.
Os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña desprazáronse a Chavín a visitar os “Eucaliptos de Chavín”, no Souto da Retorta. Alí tamén puideron coñecer o avó de Chavín, un eucalipto de 130 anos. Esta xornada permitiu un acercamento á natureza que redunda positivamente na súa melloría. Ademais, compartiron risas e coñecementos que favorecen a creación de grupo e a integración na comunidade.
Alumn@s do IES Vilar Ponte de Viveiro participaron no Monasterio de Celanova nunha Unidade Didáctica sobre o órgano. O alumnado vivairense estivo acompañado polos tres profesores que forman o departamento de Música. A sesión explicativa sobre o órgano correu a cargo de Marisol Mendive, profesora de órgano do Conservatorio de Ourense. Estas sesións véñense celebrando desde fai varios cursos escolares e o IES Vilar Ponte é a primeira vez que participa. A xornada consiste nunha explicación e aproximación ao instrumento, que logo conclúe cun concerto didáctico onde os alumn@s interpretan unha serie de partituras á frauta e son acompañados pola organista. A experiencia resultou moi amena para o alumnado, que ten a oportunidade de ver de cerca o funcionamento deste instrumento; no caso do de Celanova unha verdadeira xoia do patrimonio galego.
A Asociación de Mujeres en Igualdad Burela e Meniñ@s Centro de Formación y Ocio Educativo de Burela firman un convenio polo cal o centro ofrece de forma totalmente gratuita dúas prazas en turno de mañás para nenos cuxas nais se atopen en situación de exclusión social. Ademais, está orientado a fillos de vítimas de violencia de xénero. Desta forma, Meniñ@s quere colaborar coa labor que está a realizar a asociación Bumei.