Actividades da Escola de Vela do Club Náutico de Ribadeo
08-08-11Nota de prensa
O pasado venres 3 nenos e 1 nena da Escola de Vela do Club Náutico de Ribadeo participaron nunha regata de clase Optimist organizada polo Club Náutico de Foz.
Ademáis a semana pasada 85 nenos e nenas participaron nas Escolas de Vela organizadas polo Club Náutico de Ribadeo nas súas diferentes modalidades, o que supón un importante reto organizativo. Para desenvolver estes cursos o CNR conta cun equipo humano de 9 monitores, que “están a facer un traballo excelente”, segundo explican desde a directiva do Club Náutico de Ribadeo.
















Máis de cen persoas acudiron ao acto de presentación da exposición "Os ollos dasp alabras" co que a Librería Bahía celebrou o seu 50 aniversario. A poesía de Baldo Ramos, a música de Mano Panforreteiro e as esculturas de Caxigueiro encheron a noite de arte e de palabra. A exposición permanecerá aberta no CENIMA de Foz ata o 7 de xuño.
A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos, organiza para o vindeiro sábado 25 de maio a Festa das Letras, tal como se vén facendo nesta parroquia barreirense na última década. Os actos terán lugar nas escolas a partir das 7 da tarde, que será cando se realicen as actividades dirixidas ao público infantil, consistentes en xogos populares e de animación así como outras actividades relacionadas coa cultura e coa lingua galegas. Todos os participantes recibirán os correspondentes agasallos. Ás nove e media da noite terá lugar a representación de “Véndese unha mula e A Pousada”, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte.