25 de Maio de 2013

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alfonso Mesa asume a xestión da preparación física no club laranxa

08-08-11

Nota de prensa:
ALFONSO MERA ASUME A XESTIÓN DA PREPARACIÓN FÍSICA NO CLUB LARANXA

O director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, asumirá a xestión da preparación física do club laranxa en 2011-12. Deste xeito, ocuparase persoalmente deste labor nos dous primeiros equipos, xunto á coordinación das diferentes categorías de base.

O burelao, que xa participou hoxe na primeira sesión de pretempada do Burela FS masculino, substituirá a Suso Rey como preparador físico, tarefa que o focego compaxinaba coa de adestrador a tempada pasada.

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte, con máster en Preparación Física en Fútbol, Alfonso Mera internouse na entidade burelista en 2005-06 precisamente na área que agora asume, traballando co equipo masculino en Prata xunto a Javier Pardeiro. Un ano despois as súas responsabilidades trasladáronse ás categorías inferiores. Dende o nacemento da ED Burela FS, en 2007, Alfonso Mera dirixe a escola laranxa, cargo que na tempada pasada xa compatibilizou coa de preparador físico do cadro sénior feminino, na División de Honra.

Article Global Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon Eli Pets